Santiago, 13 de xullo de 2021.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe os informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na memoria de actividades do Consello de Contas de 2019, “no que se verifica que a información rendida pola Xunta é completa, reflicten a imaxe fiel do patrimonio e ofrece a información necesaria para interpretar a situación financeira da Administración”, sinalou o deputado do Grupo Popular José Manuel Rey.
Na súa intervención, Rey salientou que “estamos ante un Goberno galego que fai orzamentos cada ano e os executa, chegando a un índice de execución do 95 por cento, duplicando os índices das deputacións provinciais gobernadas polo BNG e o PSdeG”.
“Unha boa xestión económica permitiranos seguir mellorando o benestar dos galegos, con maiores investimentos en sanidade, educación e servizos sociais, cun incremento do PIB per cápita, baixando o paro e converxendo en renda media con España e Europa”, manifestou.