Santiago, 13 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez salientou hoxe no Parlamento que o Hospital Público Álvaro Cunqueiro “estea a liderar os ránkings de reputación, colocando ao CHUVI nun nivel de recoñecemento profesional sen precedentes e entre os mellores 30 hospitais de España”.
Marián García afirmou que o Hospital Álvaro Cunqueiro “é un dos más modernos e avanzados de Europa, coas mellores condicións de confortabilidade para os doentes e para as súas familias, e cun nivel profesional de excelencia que ten a súa disposición a tecnoloxía de vangarda máis moderna do mundo”.
EXEMPLO
“É o exemplo da excelencia, da vangarda, da eficiencia e da calidade, e mostra de como traballa o Goberno galego no eido sanitario”, sinalou a deputada popular.
Respecto do conflito laboral xerado en relación coa retirada das bolsas de roupa sucia, García Míguez avogou por “unha pronta solución deste problema”, pero considerou que “a retirada dun expediente ao marxe dos procedementos establecidos e sen analizar os graves feitos que causaron prexuízos aos pacientes semellaría unha prevaricación, polo que non imos instar a que se proceda deste xeito como pretende o BNG”.