Santiago, 28 de setembro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada saudou hoxe no Pleno do Parlamento galego que os socialistas “insten á Xunta ao cumprimento do Plan Forestal, co que non estaban de acordo cando se presentou en sede parlamentaria para a súa aprobación”
José Antonio Armada amosou a súa “sorpresa” porque sexan “os propios socialistas os que tamén insten á Xunta ao cumprimento das recomendacións aprobadas no ditame da Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, cando foi o actual conselleiro do Medio Rural, daquela deputado autonómico, o que conseguiu que saíra adiante este documento co respaldo dos socialistas galegos e, por ende, é o mellor coñecedor do seu contido e o máis interesado no seu cumprimento”.
“Para nós é unha satisfacción que os socialistas galegos se conformen co recollido no Plan Forestal, un documento no que se recollen máis do 70 por cento das recomendacións do ditame da Comisión”, manifestou o deputado popular, quen avogou por continuar traballando “por un monte sustentable e produtivo”.