Santiago, 4 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, xunto co tamén deputado popular Cesar Fernandez Gil, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e felicitaron a esta entidade polo seu recente nomeamento como mellor D.O. vitivinícola de España no concurso convocado pola prestixiosa páxina web verema.com.
González e Fernández entrevistáronse co presidente e a xerente da entidade, Felicísimo Pereira e Cristina Alcalá, respectivamente. Ademais visitaron o novo local que ven de ceder ao Consello Regulador a Consellería de Medio Rural, co fin de que serva como sede desta entidade.
APOSTA POLO SECTOR AGROALIMENTARIO
Tamén se recoñeceu o importante esforzo de promoción levado a cabo polo Consello Regulador da DO Ribeiro nos últimos anos, que se está a comprobar no incremento do volume de exportacións deste viño por todo o mundo.
A visita enmárcase na rolda de contactos que o portavoz do Medio Rural está a realizar por todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas co fin de coñecer as súas demandas, así como amosarlles o apoio do Grupo Popular polo importante papel que xogan na comercialización e promoción dos produtos galegos de calidade.
O Grupo Popular continúa nesta lexislatura coa súa aposta decidida por un sector agroalimentario galego de calidade como base para o desenvolvemento do rural. Nesta liña, considérase esencial o apoio ás variedades e razas autóctonas da agricultura e gandería galegas, así como ás organizacións