Santiago, 8 de novembro de 2017.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Carlos López Crespo, salientou hoxe a dilixencia amosada pola Xunta para activar desde o 16 de outubro o plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental en Galicia ante a posible chegada de cinzas procedentes dos incendios forestais ás zonas marisqueiras.
López Crespo explicou que o Plan CAMGAL ten como obxectivo identificar as zonas marisqueiras con risco de afección polos incendios forestais a través dunha análise previa das áreas queimadas cunha superficie maior de 300 hectáreas e a información achegada polos técnicos das confrarías e dos biólogos sobre a situación do litoral.
Na súa intervención, o portavoz popular indicou que “estamos tratando de evitar os erros que cometeron outros en 2006, cando consideraban que activar o plan de continxencia era un esperpento, mentres que hoxe o consideran unha necesidade”.