“Nembargantes – indicou a deputada popular – tal e como manifestou a patronal do sector, Tailandia foi cuestionada polas súas prácticas irregulares no eido medioambiental, así como de respecto dos dereitos humanos e laborais, e o levantamento desta sanción desbloquea a prohibición completa das súas importacións nas que o país desempeña un papel fundamental na cadea de subministro internacional de produtos do mar”.
A voceira do Mar recordou a importancia do sector conserveiro galego, máximo expoñente desta industria nos contextos nacional e europeo e exemplo de como se traballa para o resto do mundo. Así recordou que no último ano xerou máis de 12.400 empregos, dos que o 70% son femininos, e facturou máis de 1.280 millóns de euros polas máis de 300.000 toneladas de produtos do mar que se procesan en Galicia.