Santiago, 22 de febreiro de 2019.- O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG na que se insta a Xunta a dirixirse ao Goberno central para que teña en conta os efectos perniciosos que a suba das cotizacións á Seguridade Social terá sobre o persoal inscrito no Réxime Especial do Mar e corrixa esta modificación legal deixando sen efecto esta suba dos abonos ou ben que outorgue novos dereitos e beneficios que compensen ese incremento.
Con esta iniciativa –continúa a deputada popular- queremos reverter esta “afronta directa aos petos de empresas e traballadores que o goberno socialista regalou ao sector pesqueiro galego, nunha voráxine recadatoria, nun momento no que o sector ten que afrontar decisións da UE como son a política de descartes, que poden conlevar importantes perdas económicas”