Skip to content

O Parlamento de Galicia demanda á Xunta que free e rexeite calquera intento de adoutrinamento político dos escolares galegos

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a frear e rexeitar calquera intento de adoutrinamento político das nenas e nenos en idade escolar e a seguir avanzando en ferramentas que garantan a neutralidade ideolóxica nas actividades escolares e complementarias que se desenvolvan nos centros educativos, como base da pluralidade e o respecto ás liberdades individuais.

A deputada popular Carmen Pomar explicou que “desde hai meses estamos a asistir a un intento de asalto por parte de grupos radicais e mesmo do sindicato que está a marcar a folla de ruta do nacionalismo galego para facerse co control dos centros educativos, obxectivo que está tendo un éxito limitado debido, entre outros factores, á boa saúde do noso sistema educativo e á madurez e competencia do profesorado”.

PENSAMENTO CRÍTICO

“O pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que podemos desenvolver, xa que aprendemos a analizar, reflexionar e tomar decisións de xeito consciente e argumentada”, sinalou Carmen Pomar, quen apuntou que, “nunha sociedade saturada de información, novas falsas e opinións polarizadas, ensinar aos adolescentes a pensar de forma crítica é unha ferramenta esencial para a súa autonomía, a súa autoestima e o seu éxito académico e profesional”. “Pero nin fomentar o pensamento crítico, nin a liberdade de ensino son escusas para que se practique o adoctrinamento, máis ben todo o contrario”, dixo.

En concreto, a deputada popular citou algunhas das accións realizadas nos últimos tempos polo sindicato que manda no independentismo galego para adoutrinar aos estudantes: unha proposta didáctica para traballar co alumnado a situación do medioambiente galego, entrando en xuízos de valor sobre a xestión do lume este verán, a intención de apertura de minas supostamente tóxicas ou a ameaza de industrias como Altri; outra unidade didáctica titulada Guerra e Paz, na que, entre outros exercicios, proponse o cálculo de explosivos e unha suposta estratexia para acabar cos hospitais de Santiago; ou a presentación aos alumnos dunha sexualización de figuras como Rosalía, Blanco Amor, Pondal ou Castelao.

MANIPULACIÓN DOS CONTIDOS

“Estamos preocupados pola deriva que está a tomar esa pretendida manipulación dos contidos que estudan os nosos fillos e fillas, e, o que é máis grave, as actitudes que se van moldeando con premeditación, aleivosía e con fins de proselitismo político, típico de doutrinas políticas da primeira metade do século XX, como o nacional-socialismo ou o comunismo”, indicou.

Por este motivo, Carmen Pomar considerou necesario “seguir denunciando o intento de violar esta estabilidade e a liberdade das familias e instar ao Goberno galego a seguir avanzando nesta dirección”, porque “non estamos aquí para poñer en tela de xuízo a neutralidade do profesorado, estamos para garantirlles a súa liberdade de cátedra e para transmitir unha mensaxe de tranquilidade e amparo ante a ousadía de incorrer nas súas clases”. “Estamos aquí, en definitiva, para asegurar que a administración educativa neutralice calquera intento de propaganda lacerante e descarada, que se destina desde o sector máis radical do nacionalismo a captar, sen escrúpulos, ás idades máis vulnerables que andan á procura da súa identidade e da súa reafirmación”, rematou.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide que o Sergas elabore un estudo sobre as necesidades de atención sanitaria continuada e urxente no Morrazo
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta
Millán Mon pide al Gobierno de España compensaciones económicas para los mariscadores afectados por el dragado de la Ría do Burgo
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon intervino ayer en la Comisión de Peticiones del Parlamento Europeo en el marco de una petición que denuncia deficiencias en el dragado
O Grupo Popular asegura que a Xunta está a avanzar no impulso da construción da vía de alta capacidade da Costa Norte
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, asegurou hoxe que a Xunta “está a avanzar no impulso da construción da vía de alta capacidade da Costa Norte” e
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies