Santiago, 10 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se pide ao Goberno español que concrete a planificación que ten prevista para a adecuación dos anchos de vía ferroviaria existentes no interior de Galicia, especialmente para adaptar a conexión entre Ourense e Santiago ao ancho de vía internacional, tendo en conta os beneficios que iso suporía en canto a maior competencia de operadores e para o conxunto de Galicia.
.@DiegoCalvoPouso defende iniciativa @ppdegalicia para pedir ao Goberno central que concrete a planificación prevista para adecuar os anchos de vía ferroviaria existentes no interior de Galicia «se non se avanza a liña de alta velocidade é claramente insuficiente» pic.twitter.com/rGHsNKkTJf
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) February 10, 2022
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Diego Calvo, lamentou que “a situación do ferrocarril en Galicia, pese á chegada do AVE o pasado mes de decembro, non é boa, porque seguen sen restablecerse os servizos previos á declaración do Estado de Alarma e non se aborda unha modernización das infraestruturas ferroviarias”.
Neste sentido, manifestou que “para que o AVE chegue a todas as cidades de Galicia hai que dotar cos trens AVRIL de ancho variable e hai que cambiar o ancho de vía da liña Santiago-Ourense, pasando do ancho ibérico actual ao internacional”.
CONCRECIÓN PARA O CAMBIO DE ANCHO DA VÍA
“É o momento de demandar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concreción na planificación do cambio de ancho tan necesario, ao tempo que se precisa unha planificación porque ese proceso se debe facer de xeito coordinado coas obras de adaptación que se están a facer nas estacións do tren”, apuntou.
Diego Calvo explicou que “o cambio de ancho de vía conta co aval dos expertos ferroviarios, que consideran a obra viable e relativamente sinxela desde o punto de vista técnico, porque nesa vía se instalaron travesas polivalentes para facilitar a migración”. Ademais, existen experiencias previas noutras zonas de España sobre procesos semellantes que avalan a realización deste cambio de vía.