Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a consolidar o Programa de Atención Farmacéutica nos centros sociosanitarios en Galicia mediante a elaboración dunha Guía Farmacoterapéutica común.
A deputada Marta Rodríguez-Vispo explicou que a elaboración dunha Guía Farmacoterapéutica común no Servizo Galego de Saúde suporía “un beneficio asistencial para os pacientes, xa que estas guías abordan as características particulares da poboación maior e as súas necesidades farmacoterapéuticas, baseada en criterios de seguridade, eficacia, custe e adecuación de formas farmacéuticas”.
HOMOXENEIDADE E EQUIDADE
“Ademais, sería unha ferramenta de traballo para os facultativos do Sergas responsables do seguimento destes pacientes institucionalizados e garantiría que a prestación farmacéutica destes usuarios se realice en condicións de homoxeneidade e equidade de acceso en todo o territorio galego.
Rodríguez-Vispo lembrou que “unha das consecuencias directas do envellecemento da poboación é o aumento da prevalencia de enfermidades crónicas, o que implica un maior consumo de fármacos e, derivado de elo, un incremento de problemas relacionados con los medicamentos”. Ademais, as persoas maiores “presentan unha serie de características diferenciais respecto a outros grupos de poboación, que determinan que los problemas relacionados cos medicamentos sexan más frecuentes e potencialmente máis graves”.
CALIDADE NA PRESCRICIÓN
“Por este motivo, unha das principais liñas de innovación actuais na asistencia sanitaria se dirixe a potenciar a calidade da prescrición mediante o uso racional dos medicamentos, facilitando a súa selección dentro do amplo arsenal terapéutico existente”, sinalou a deputada popular. O obxectivo final é maximizar a seguridade dos pacientes e súa calidade de vida, así como a efectividade e a eficiencia dos tratamentos dentro dun marco de continuidade de coidados entre os profesionais sanitarios dos distintos ámbitos asistenciais.
Unha das ferramentas utilizadas son as Guías Farmacoterapéuticas, que son o resultado dun proceso continuo no que os profesionais da saúde, a través da Comisión de Farmacia e Terapéutica de cada centro, seleccionan e avalían os medicamentos en base a criterios de eficacia, seguridade e custe para ser incluídos no formulario de ese centro.