Santiago, 16 de xuño de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se amosa o apoio ao levantamento do embargo político, económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos mantén contra Cuba, ao tempo que se apoia a campaña de solidariedade internacional destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a Covid-19.
?Mentres non estemos protexidos todos ninguén estará protexido, ten que impulsarse unha campaña de solidaridade internacional e por suposto apoiamos a campaña de solidariedade para vacinar ao pobo cubano,ao cono sur, o Sahara occidental,e todos os países do mundo @pazos_alberto pic.twitter.com/0ENxENeFYq
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 16, 2021
“Desde aquí facemos votos para que, máis pronto que tarde, se avance decididamente nese anunciado proceso de reformas estruturais que satisfaga as necesidades e desexos do pobo cubano, e para o que Cuba atopará a Galicia coa man tendida”, afirmou o deputado popular Alberto Pazos.
Neste sentido, lembrou que “o pobo galego ten amosado reiteradamente o seu compromiso cos dereitos humanos, e o dereito á saúde do pobo cubano non pode ser unha excepción a ese compromiso”. “Por iso queremos amosar o noso desexo de que este, e outros dereitos, se desenvolvan coa máxima celeridade en Cuba, e para ese obxectivo Cuba atopará unha vontade de colaboración sincera nas institucións galegas”, dixo.