Santiago, 17 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha, dentro do novo modelo de coidados, o modelo cohousing, pensado para maiores que sexan autónomos ou cun grao de dependencia leve que permite non só manter certa independencia, senón contar ao mesmo tempo cos apoios necesarios para o día a día, minimizando ademais outro problema como o da soidade non desexada.
?️Para o @ppdegalicia a mellor teoría sobre o envellecemento é que cada persoa maior poida decidir como quere afrontar esa etapa da súa vida @Nopy99 defende iniciativa sobre a posta en marcha do modelo cohousing para maiores autónomos ou cun grao de dependencia leve pic.twitter.com/Lz7TduqVk3
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) March 17, 2022
A deputada popular Noelia Pérez considerou “necesario dar un paso máis e avaliar a oportunidade de por en marcha e implementar en Galicia novos e máis mecanismos que axuden a acadar que os cidadáns poidan permanecer máis tempo na súa contorna e participar tamén o maior tempo posible nas actividades sociais”.
ALTERNATIVA Á SOIDADE NON DESEXADA
Neste sentido, explicou que “estas comunidades de vivendas con servizos compartidos, vivendas colectivas ou cohousing son unha tipoloxía de centro residencial no que existe un equilibrio entre a vida privada comunitaria e o compromiso social, na que se integran espazos de uso privativo e zonas comunitarias, e con servizos comúns que dan cobertura ás necesidades e coidados dos maiores”.
“Vivir en comunidade é unha alternativa contra a soidade non desexada, que afecta sobre todo ás persoas maiores e na que o Goberno galego está a traballar nestes momentos con especial intensidade e interese”, engadiu a deputada popular, quen asegurou que esta fórmula “contribúe ao benestar dos maiores paliando esas situacións de illamento social que sofre unha parte deste colectivo, ao tempo que lle ofrece redes de apoio, tan necesarias, ás persoas residentes”.