Santiago, 17 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central carga de traballo para Navantia, así como o desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego.
O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lembrou que “esta demanda foi un dos últimos asuntos que trouxemos ao Parlamento galego e iniciamos esta nova lexislatura reiterando a solicitude”. “Estamos comprometidos cun sector referente internacional e fundamental para a comarca de Ferrol e para o conxunto de Galicia, pero historicamente desprezado polos gobernos socialistas de España”, sinalou. “Sempre que gobernou o PSOE ao sector naval galego foille mal”, incidiu.
?️A pandemia deixou en suspenso problemas da industria galega que,en moitos casos,se agravaron como na industria electrointensiva,o peche de Meirama e As Pontes,a ameaza empresas dominio publico maritimo-terrestre ou ausencia carga traballo estaleiros @Mtelladof @ppdegalicia pic.twitter.com/L679uae80H
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 17, 2020
ORZAMENTOS SEN EXECUTAR
Miguel Tellado considerou unha “mala noticia que saíra adiante a moción de censura contra o goberno de Mariano Rajoy para os nosos sectores económicos, pero fundamentalmente para o naval”. En concreto, lembrou que nos orzamentos estatais que se aprobaran naquel momento “se prevían 250 millóns de euros para as fragatas F-110 e o desenvolvemento do proxecto do Estaleiro 4.0, que non se teñen executado a día de hoxe”.
?️A moción de censura do 2018 foi unha mala noticia para moitos dos sectores económicos fundamentais de Galicia e tamén para o naval, había uns orzamentos aprobados que prevían 250 M€ para as fragatas F -110 e Estaleiro 4.0 en Ferrolterra que non se executaron@Mtelladof pic.twitter.com/6L8HK97nPj
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 17, 2020
“Conformabámonos con que o novo Goberno social-populista levase adiante o que estaba asinado polo Goberno do PP, pero non é así e a día de hoxe nos estaleiros da ría de Ferrol non hai carga de traballo”, lamentou o viceportavoz popular. Diante desta situación, lembrou que desde o Grupo Popular “levamos pedindo desde 2019 que se constrúa en Ferrol-Fene un buque de aprovisionamento para a Armada a fin de que houbera carga de traballo mentres non se iniciase a construción das fragatas F-110, pero nos atopamos coa insistente negativa do Goberno de Pedro Sánchez”.
POÑER SOLUCIÓNS
Miguel Tellado apuntou que “agora presentamos un texto máis simplificado para que se sumen a este acordo o resto de grupos parlamentarios, respaldando o acordo unánime que se aprobou no Pleno do Concello de Ferrol e as demandas das organizacións sindicais que piden carga de traballo para os estaleiros de maneira inmediata”.
“O importante é poñer solucións onde hai un problema”, indicou Tellado, quen concretou que “a industria auxiliar está pagando as consecuencias desta situación”. “Quen pode resolver os problemas é o Goberno de España, encargando un AOR que a Mariña Española precisa”, dixo.
Intervención Iniciativa: http://mediateca.parlamentodegalicia.es/library/items/comision-industria-energia-comercio-turismo-2020-09-17?part=e2934e6a-aaad-4bfc-bff9-d8ed925f7aa9&start=7307