Santiago, 13 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG nin do BNG, a través da que se esixe ao Goberno de España información pormenorizada sobre os prazos de execución e investimento das infraestruturas que ten pendentes de realizar en A Coruña, facendo referencia con carácter prioritario: á conexión ferroviaria do porto exterior de Langosteira; á estación intermodal; á ampliación da Ponte da Pasaxe; á instalación da pasarela en Pedralonga; á Cuarta Rolda; á mellora do tren entre A Coruña e Ferrol e entre A Coruña e Lugo; á ampliación da superficie da terminal e a instalación de dous novos fingers no aeroporto de Alvedro; á ampliación da avenida Alfonso Molina; á dragaxe da ría do Burgo e o Vial 18; así como que avalíe a posibilidade de solicitar financiación á Unión Europea para a súa financiación con fondos Next Generation.
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, lamentou que, tanto socialistas como nacionalistas, se desvincularan do acordo unánime acadado no Pleno do Concello de A Coruña reclamando ao Goberno central estas mesmas actuacións na cidade coruñesa e a súa contorna. “Lamentamos a escasa influencia da actual alcaldesa de A Coruña para que o Goberno central incluirá algunha actuación na cidade”, sinalou.
Fernández Prado cualificou de “lamentables” os orzamentos do Estado para Galicia, nos que se reduce un 11 por cento a partida de investimentos e se pasa do 9 ao 6,6 por cento no investimento rexionalizable. “Pero no caso de A Coruña, o castigo é dobre, porque desaparecen obras que viñamos anos demandando e que estaban orzamentadas desde 2018”, lamentou.
XUNTÁRONSE GOBERNO DE A MAREA E DE PEDRO SÁNCHEZ
“Para chegar a esta lamentable situación xuntáronse catro anos de goberno de as Mareas en A Coruña, na que se pararon todas as obras porque non as querían; e dous anos de goberno de Pedro Sánchez, nos que leva executado en obras en A Coruña cero euros, a pesar de xestionar os orzamentos de 2018 nos que figuraban estas obras presupostadas”, sinalou o portavoz popular.
Fronte a esta negativa situación, Martín Fernández lembrou que durante os anos de Goberno de Mariano Rajoy se puxeron en marcha obras tan importantes como o porto exterior, a terceira rolda ou a ampliación do aeroporto. “Ademais, se fixeron outros proxectos, como o saneamento da ría do Burgo, que están redactados desde aquela pero que faltou intencionalidade por parte do actual Goberno central para levalos adiante”, dixo.
“Agora escoitamos atónitos como o PSOE amosa a súa satisfacción por dúas obras: a estación intermodal, cando o propio ADIF ten anunciado que quere ter o proxecto para o outono de 2021 para proceder posteriormente á licitación, co que non poderá empezar as obras ata o verán de 2022; e o saneamento da ría do Burgo, unha actuación para a que o Goberno de Mariano Rajoy xa presupostou 24 millóns de euros en 2018 e foi a Xunta a que logrou os fondos europeos complementarios, polo que o Goberno socialista non tivo escusas para realizar este proxecto”, explicou.
Martín Fernández lembrou que o Grupo Popular no Congreso “presentará emendas para corrixir unha discriminación tan grande, porque a única administración que trata a Coruña como se merece é a Xunta”, como o demostra a construción do novo Hospital de A Coruña, as novas vivendas sociais, a residencia da terceira idade de Eirís, o Centro Amizar, a Cidade das TIC ou o colexio Novo Mesoiro.
DESAPARECERON OS INVESTIMENTOS NOS ORZAMENTOS
O portavoz popular lamentou que nos orzamentos do Estado “desaparecen todos os investimentos en estradas, xa que non hai fondos para a ampliación de Alfonso Molina, o Vial 18, a ponte da Pasaxe, a Cuarta Rolda ou a pasarela de Pedralonga”. Neste sentido, subliñou que “o Goberno do PP incluíu 60 millóns nos orzamentos de 2018 para estes investimentos, que lamentablemente desaparecen do proxecto de orzamentos do actual Goberno central para desvialo a outras comunidades”.
Así mesmo, Martín Fernández apuntou que o proxecto de orzamentos do Estado “tampouco recolle un euro para o tren a Langosteira nin para a condonación da débeda do porto”. “Pola contra, veñen de asinar un acordo para os accesos ferroviarios ao porto de Barcelona, se inclúen os accesos ferroviarios a Puerto Real e Castellón, e se condona a débeda do porto de Valencia”.