Skip to content

O Pleno do Parlamento de Galicia aproba os orzamentos da Comunidade galega para 2026

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos xerais da Comunidade galega para o 2026, que garanten “o cumprimento das nosas obrigas, a estabilidade das nosas institucións e, un ano máis, sitúan a Galicia como unha illa de estabilidade no medio dun océano de incerteza”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.

“Somos a única comunidade autónoma capaz de aprobar, en tempo e forma, 17 orzamentos consecutivos”, salientou Pazos, quen lembrou que o Goberno de España “leva tres anos de orzamento prorrogado, incumprindo a súa obriga constitucional de presentar un proxecto de presupostos e obviando que o Congreso acaba de tombar por segunda vez a senda de estabilidade presentada polo Goberno de Pedro Sánchez”.

Na súa intervención, o portavoz popular salientou que “tres de cada catro euros dos orzamentos da Xunta para 2026 se dedican a fortalecer a sanidade pública, a mellorar a educación pública, a consolidar e ampliar o escudo social público e a reforzar as políticas públicas de emprego”. “10.587 millóns de euros destinados a fortalecer os servizos básicos: nunca na historia de Galicia se dedicaron máis recursos públicos a fortalecer os piares do estado de benestar deste país”, concretou.

FISCALIDADE MODERADA

“Este goberno vai seguir apostando por unha fiscalidade moderada, que permita mellorar cada día os servizos públicos sen necesidade de empeorar a economía das familias galegas; por rebaixas fiscais que buscan aliviar a situación dos galegos que atravesan situacións difíciles; e porque Galicia continúe a ser esa illa de estabilidade, na que o goberno goberne ao servizo do interese xeral, na que os xuíces xulguen sen tutelas, na que a lei sexa tan previsible como un bo reloxo ou na que as empresas non dependan do capricho político”, sinalou Alberto Pazos, quen rematou avogando porque “moi pronto esa estabilidade se contaxie e poidamos dicir que España e o seu goberno se parecen a Galicia e ao Goberno de Alfonso Rueda”.

Pola súa banda, a viceportavoz popular, Paula Prado, asegurou que “son unhas contas pensadas desde Galicia, para Galicia e ao estilo Galicia, que nos caracteriza pola previsión, a planificación e o sentidiño, e que cada vez contrasta máis co bloqueo, a incerteza e a inestabilidade permanentes dun Goberno de España que nin nos seu mellores soños podería imaxinarse facendo o que hoxe estamos facendo nós aquí”.

Paula Prado fixo un repaso polas emendas presentadas polos grupos da oposición e criticou que “propoñen que haxa menos médicos nos centros de saúde, porque non piden que non se poida contratar a persoal temporal; pretenden recortar no profesorado, impedindo a contratación a tempo parcial nos centros educativos; e recortan dereitos aos funcionarios, negándolles o dereito a percibir o complemento persoal ou o dereito a percibir o complemento de produtividade”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular salienta que o compromiso do Goberno galego de tramitar a nova Lei de administración local ao longo do vindeiro 2026
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que a Xunta incrementou o Fondo de Cooperación Local un 47 por cento desde o ano 2021, unha partida que se
O Parlamento aproba a nova Lei de protección da saúde de menores e prevención de condutas aditivas, que protexe, se anticipa e actúa fronte aos novos riscos da infancia e a adolescencia
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova Lei de protección da saúde das persoas menores e de prevención das condutas aditivas, “que nace co obxectivo de protexer,
O Parlamento galego aproba a Lei de medidas fiscais e administrativas, con novas rebaixas fiscais e accións para facilitar o acceso á vivenda
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de medidas fiscais e administrativas, unha norma que “consolida o modelo de estabilidade, moderación fiscal, política social responsable e simplificación
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies