Skip to content

O PPdeG afirma que a modificación da Lei de saúde dará certezas legais a administrados e administracións na loita contra a pandemia

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que a proposición de lei de modificación da Lei de Saúde de Galicia vén “cubrir carencias na lexislación vixente para loitar mellor contra a pandemia sanitaria, unha situación nova e imprevista pola súa duración e pervivencia no tempo”.

“Faise necesario dar certezas legais aos administrados e ás administracións, unha vez que non foi posible actualizar a lei estatal pero si podemos reformar a lei autonómica”, apuntou.

 

Pedro Puy manifestou que “a experiencia acumulada desde o mes de marzo evidenciou que o noso marco normativo non está preparado para afrontar unha pandemia longa, con efectos no conxunto da sociedade, tanto a nivel social, como económico e político”.

 

CON PROXECCIÓN PARA O FUTURO

 

Na súa intervención, manifestou que “estamos diante dunha proposición de lei con proxección para o que queda de pandemia, pero tamén para as posibles pandemias que poidan vir no futuro”. “A regulación por lei garante o automatismo das respostas, reduce incertezas aos administrados sobre o que a Administración pode, e en que circunstancias, facer; permite unha interpretación máis homoxénea polos tribunais das disposición que a autoridade adopte; e, por último, resolve problemas competenciais entre as administracións”, explicou.

 

O portavoz popular lamentou que tanto BNG e PSdeG “estean en contra de regular por lei as limitacións á práctica de dereitos que impón unha pandemia, que de facto xa se están aplicando con respaldo legal e unicamente co control xurisdicional”. “Prefiren que o líder de turno lles diga en cada momento que é o que se pode facer ou non”, dixo.

 

Respecto do contido concreto da proposición de lei, Puy explicou que “o primeiro que fai é precisar que autoridades sanitarias poderán establecer as intervencións públicas sanitarias para garantir os dereitos e deberes sanitarios dos cidadáns”. Así, indícase que será o Consello da Xunta; a persoa titular da Consellería de Sanidade; as persoas titulares da Inspección de servizos sanitarios e a inspección de saúde pública; os titulares das xefaturas territoriais de Sanidade; e os alcaldes e alcaldesas.

 

MEDIDAS A ADOPTAR

 

En segundo lugar, enuméranse as medidas que poderán ser adoptadas polas autoridades sanitarias para protexer a saúde da poboación, como incautación e inmobilización de produtos; suspensión do exercicio de actividades: peche de empresas ou instalacións; intervención de medios materiais ou persoais; limitacións de capacidade e de horarios de apertura e peche; medidas de seguridade e hixiene en determinados lugares ou actividades; medidas de autoprotección, como o uso de máscaras e outros elementos de protección, así como no mantemento de distancias de seguridade; intervención de centros de servizos sociais; ou a subministración de datos necesarios para o control e a contención do risco para a saúde pública.

 

Ademais, recóllense medidas preventivas de recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se supoña a existencia de perigo para a saúde da poboación debido á situación concreta dunha persoa ou grupo de persoas; así como medidas de control dos enfermos, das persoas que estean ou estivesen en contacto con eles, e das que se consideren necesarias en caso de risco de carácter transmisible.

 

Neste punto, prevese diversas actuacións coas persoas enfermas, como o illamento no domicilio, o internamento no centro hospitalario ou internamento noutro lugar; o sometemento a corentena no domicilio ou noutro lugar adecuado das persoas que estivesen con enfermos; o sometemento a observación ou vixilancia do estado da saúde; ou o control do contorno inmediato dos enfermos e das persoas que estiveron en contacto con eles.

 

Tamén se inclúen medidas para a limitación ou restrición da circulación ou mobilidade das persoas dentro dunha zona afectada, en determinados lugares da mesma ou en determinadas franxas horarias; o control da saída da zona afectada; ou a restrición ás agrupacións de persoas.

A proposición de lei prevé, ademais, a intervención dos centros de servizos sociais, logo de que se comprobara que é unha medida necesaria para a protección da saúde pública, especialmente das persoas maiores e dos discapacitados.

RESPECTO Á DIGNIDADE DA PERSOA

Na adopción destas medidas imponse como límite absoluto o respecto á dignidade da persoa e asegúrase que serán sempre temporais, polo que a súa duración fixarase para cada caso e non excederá o que esixa a situación de risco inminente e extraordinario que as xustificou, sen prexuízo de prórrogas sucesivas acordadas mediante resolucións motivadas.

“Establece a esixencia dunha motivación expresa da súa proporcionalidade conforme a tres regras: a idoneidade, é dicir, que mediante a medida adoptada sexa posible acadar o obxectivo pretendido; a necesidade, que non exista unha medida menos gravosa ou lesiva para a consecución do obxectivo previsto; e a proporcionalidade, que o sacrificio do dereito reporte máis beneficios no interese xeral que desvantaxes ou prexuízos noutros bens ou dereitos”, sinalou o portavoz popular.

Por último, modifícanse varios artigos correspondentes a infraccións e sancións, co obxectivo de contar cun réxime sancionador máis claro e completo. Así, establécense tres tipos de infraccións: leves, con multas de ata 3.000 euros; graves, con multas desde os 3.001 ata os 60.000 euros; e moi Graves, con multas desde os 60.000 ata os 600.000 euros.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies