Santiago, 21 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos Couñago recoñeceu esta mañá no Parlamento que a Seguridade Social “atravesa unha situación difícil” e concretou que “só a recuperación do emprego revertirá a situación deficitaria e garantirá o sostibilidade do sistema público de pensións”.
Alberto Pazos lembrou que “a situación difícil que atravesa a Seguridade Social ten unha única orixe: os máis de 3,3 millóns de cidadáns que o Goberno socialista de Zapatero enviou ao paro”. “Recordamos o sacrificio que tivemos que facer para que España pasara de destruír en 2011 tres empregos por cada novo pensionista a crear 5 empregos por cada novo pensionista; recordamos o esforzo que supuxo pasar de destruír mais de 3,3 millóns a crear mais de 500.000 traballos ao ano; e recordamos os galegos o que custou pasar dos 50.800 empregos destruídos no ultimo ano do Goberno bipartito aos 22.000 novos empregos creados o pasado ano”, manifestou.
Deste xeito, engadiu que “aínda que dous de cada tres traballadores galegos teñan un contrato indefinido a tempo completo, queremos mais; aínda que a contratación indefinida aumente en Galicia un 14,92 por cento, queremos mais; e aínda que a contratación a tempo completo creza cinco puntos mais que a parcial, queremos mais”. “Queremos mais e por iso imos a crear unha nova Lei de Emprego que atenda mellor as necesidades do mercado laboral galego”, dixo.
REVALORIZACIÓN DAS PENSIÓNS
Alberto Pazos subliñou que “foi o Partido Popular o que garantiu que as pensións se revalorizaran obrigatoriamente cada ano un mínimo do 0,25 por cento, podendo chegar ata 0,5 por enriba do IPC, evitando así que se repita a conxelación sufrida durante o Goberno socialista”. “Desde que se aplica ese criterio, as pensións se revalorizaron”, asegurou.
Así mesmo, o deputado popular criticou aos socialistas que “agora nos reclaman unha mellor xestión do Fondo de garantía das pensións, cando durante os anos 2008 e 2009 negáronse a ingresar neste fondo os case 15.000 millóns que tivo de superávit a Seguridade Social”. Ademais, “presumen de deixar 66.000 millóns de euros na caixa do fondo, pero ocultan que o mesmo ano que alcanzaron esa cifra foi o ano en que conxelaron as pensións, detraendo máis de 2.000 millóns aos pensionistas de España, o que supuxo unha perda do 2,9 por cento do seu poder adquisitivo”.