Santiago, 16 de xaneiro de 2020.– A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que “o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense, cuxo inicio de construción está previsto no primeiro cuadrimestre deste ano, será público e coa totalidade das súas prazas públicas”.
Marta Rodríguez-Vispo lamentou que “diferentes motivo atrasaron a licitación desta obra, pero na actualidade as obras atópanse no proceso de contratación e suxeitas a un prazo de execución de 18 meses”.
“É certo que este centro se atrasou, pero tamén é certo que das 12 prazas iniciais previstas se pasou a un centro público de 80 prazas residenciais e 30 prazas de centro de día, no que se investirán máis de 6,5 millóns de euros”, sinalou.