A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegura que o cambio experimentado en Ribeira en 2025 é tan só “o primeiro capítulo do extenso libro de éxitos que María Sampedro comezou a escribir man a man cos seus veciños e veciñas” e que terá a súa continuación neste 2026.
Así o manifestou esta tarde acompañada polo secretario xeral do PP da provincia da Coruña, Evaristo Ben, e da propia alcaldesa no brinde de Aninovo organizado polo PP de Ribeira. Un evento no que animou a todos os afiliados do partido a nivel local a seguir traballando e sumando esforzos para consolidar o cambio iniciado e acadar os mellores éxitos nas próximas eleccións municipais de 2027.
María Sampedro, pola súa banda, apelou tamén á unión, o traballo e o esforzo para acadar todos os obxectivos neste 2026 no que Ribeira seguirá a dar pasos para acadar ser referente económico, social e cultural do Barbanza.
Tamén agradeceu a axuda, o compromiso e a man tendida que sempre tivo no partido en todos os seus ámbitos: “Demostramos que traballando xuntos, apartados das liortas e da confrontación, contamos coa mellor receita para achegarnos e conseguir os desexos de todos ribeirenses”.