Santiago, 4 de abril de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que “para garantir un correcto funcionamento da atención primaria e os tempos mínimos de agarda é clave dispoñer de máis profesionais”.
?️Falamos facendo!Desde o @ppdegalicia e @Xunta se ven traballando con intensidade nunha reestruturación da atención primaria,impulsando un modelo que introduza os novos fitos da poboación galega como o envellecemento,a dispersión xeográfica ou o despoboamento @EncarnaAmigoSER pic.twitter.com/KA0VwUqwE0
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) April 4, 2022
“E hoxe é unha certeza que o Goberno de Pedro Sánchez imposibilita que Galicia dispoña de máis médicos, porque se está negando á ampliación extraordinaria de 64 prazas MIR que lle pide a Xunta, á creación da especialidade de medicina de urxencias e á eliminación das taxas de reposición”, concretou.
No debate dunha proposición de Lei do Grupo Socialista sobre a atención primaria sanitaria, Encarna Amigo explicou que “o camiño para axilizar as citas médicas nos centros de saúde non é intentar extrapolar de forma chapuceira os mecanismos da Lei de garantías, á que o propio PSdeG se opuxo no seu momento vehementemente, senón traballar e seguir implantando medidas de reorganización, como as axendas de calidade; as carteiras de servizos, para potenciar as capacidades das categorías distintas ao médico; o sistema XIDE; ou o apoio de persoal técnico de saúde, para aqueles actos médicos de carácter máis burocrático”.
“Máis alá de poñer normas nun papel, hai que poñer recursos que as sustenten: conseguir persoal que cubra as prazas de médico de familia e axilicen a atención médica”, manifestou a portavoz popular, quen apuntou que “isto é o que está a facer a Xunta, coa creación da nova categoría de facultativo especialista de primaria, a pesar do voto en contra do PSdeG”.
PROBAS DIAGNÓSTICAS
Respecto á petición dos socialistas galegos de probas diagnósticas desde primaria, Encarna Amigo asegurou que “este punto xa é unha realidade, gracias ás áreas sanitarias integradas, ás que o PSdeG se opuxeron, e que fan posible que os médicos de primaria poidan xa solicitar calquera proba que consideren, do mesmo xeito que o fai calquera médico especialista”.
Para rematar, a portavoz popular lamentou que os socialistas “prefiren polemizar en vez de acompañar na toma de medidas urxentes e completamente necesarias, nas que Galicia leva a dianteira en toda España, que sobre exactamente as mesmas problemáticas”.