Santiago, 23 de maio de 2018. O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor demandou hoxe a En Marea, PSOE e BNG a sumarse ao protocolo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento que garante a titularidade pública dos peiraos de Batería, Calvo Sotelo e da A Solana, ao tempo que garante o financiamento con 140 millóns de euros da conexión ferroviaria a Punta Langosteira.
Así mesmo, Trenor pide que “contribúan e non bloqueen o acordo que pon aos veciños e veciñas de A Coruña por enriba de conflitos partidistas e de egos cos que non se acada nada”. Neste sentido, demandou que “se sumen á titularidade pública destes terreos formando parte dunha entidade onde estean todas as administracións e contribúan á determinación dos usos aos que se dedicarán as parcelas para que sigan tendo un papel protagonista no desenvolvemento económico e social de A Coruña”.
COPROPIEDADE PÚBLICA
Gonzalo Trenor incidiu que, gracias ao acordo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento, “as zonas portuarias de Batería e Calvo Sotelo pasarán a formar parte dunha copropiedade pública, á que tamén poden integrarse outras administracións, como a Deputación ou o propio Concello de A Coruña”.
Así mesmo, destacou que o acordo “contén outros datos positivos como é o compromiso do investimento de 140 millóns, a cargo dos orzamentos do Estado e non do Porto de A Coruña, para facer a conexión ferroviaria para Punta Langosteira”