Santiago, 25 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias insistiu hoxe no Parlamento galego en que o Concello de Monforte inicie un proceso de diálogo dirixido a reconducir a situación do conflito laboral que mantén co equipo de profesores do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez e garanta, á maior brevidade, o bo funcionamento interno deste cento.
?Unha sociedade con formación musical ademáis de ser máis culta e máis sana,contar cun Conservatorio de Música é unha xoia, o alcalde de Monforte non entende a súa relevancia nin os dereitos laborais dos seus traballadores municipais @Raquel_Arias_Ro @PPdeLugo pic.twitter.com/JkymVLAQEM
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 25, 2021
Neste sentido, lembrou que esta demanda é a mesma que toda a oposición municipal trasladou ao Goberno municipal o pasado 7 de maio, polo que criticou “o cambio de postura do BNG ao pretender agora trasladar á Xunta un problema que non é da súa competencia”.
RECONDUCIR A DECISIÓN DO CONCELLO
Raquel Arias sinalou que “a práctica totalidade dos mestres do Conservatorio reclaman condicións laborais e salariais acordes coa súa función como traballadores dun conservatorio de música”. “Algo tan básico como que haxa igualdade salarial entre homes e mulleres ou que os seus horarios se adapten ao calendario de educación, de obrigado cumprimento, e non ao do persoal de obras dos concellos”.
“Pola súa parte, o alcalde de Monforte respondeu a estas peticións expedientando a sete mestres por supostos incumprimentos de horario ou por utilizar medios propios para dar clases telemáticas, o que motivou a repulsa de todos os grupos da oposición e dos sindicatos”, indicou a deputada popular.
Deste xeito, Arias considerou “necesario que se reconduza esta situación, máis tendo en conta o impacto que pode provocar no eido educativo e cultural de Monforte”. Para iso, apelou ao “diálogo entre os responsables municipais e o seu persoal para resolver este conflito laboral”, para o que amosou a disposición da Xunta de sumarse a este diálogo na busca dunha solución.