Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe que o PPdeG defenderá no Pleno que a Xunta a presente o balance do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, ao tempo que elabore o IV Plan para os anos 2018-2021. Así mesmo, pedirá que inclúa a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública.
Puy explicou que o Grupo Popular tamén dará o seu apoio a unha proposición non de lei conxunta dos catro grupos parlamentarios que, recollendo unha demanda realizada pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), solicita ao Goberno central que amplíe o listado de enfermidades contempladas no Real Decreto 1149/2011 de xeito que se adecúe a moitas das necesidades reais das familias que teñen un menor diagnosticado ou en proceso de busca de diagnóstico dunha enfermidade rara e grave.
Así mesmo, o Grupo Popular demandará que a Xunta potencie a construción modular de vivendas, de xeito que se avance na industrialización dos procesos de construción e se reduzan os prazos de construción de novas vivendas para os sectores máis desfavorecidos da poboación.
Por último, o Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana que a Xunta presente no primeiro cuadrimestre deste ano un balance da execución do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, ao tempo que elabore o IV Plan director da cooperación galega 2018-2021.