Santiago, 13 de agosto de 2018. O voceiro Pedro Puy, enviou hoxe, no nome do PPdeG, unha mensaxe de apoio, solidariedade e pronta recuperación das persoas que sufriron as consecuencias do derribo no Paseo Marítimo de Vigo, e agradeceu ao persoal público que desde o primeiro momento acudiu a auxiliar aos accidentados.
Pedro Puy congratulouse de que non houbera que lamentar a perda de vidas humanas e lembrou que 316 persoas foron atendidas en diversos centros como o Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa, os PAC de Vigo e Redondela, en Fátima, no Hospital Montecelo, en El Castro, en Concheiro , en Domínguez e no punto de atención do 061. Deles, 9 permanecen ingresadas, 5 no Hospital Álvaro Cunqueiro e 4 en Povisa.
O voceiro popular agradeceu a resposta de todo o persoal público que desde o primeiro momento acudíu a auxiliar aos accidentados e a resposta magnífica tanto dos participantes como do persoal sanitario, do 061 así como dos hospitais e os PACs e a policía.