Santiago, 25 de febreiro de 2021.- Os populares galegos posibilitaron a aprobación no Parlamento da proposición non de Lei que demanda á Xunta a coordinación dunha mesa de traballo interinstitucional coa fin de revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros, unha iniciativa parlamentaria do Grupo Socialista que contou co apoio do PPdeG.
A portavoz de Sanidade, Encarga Amigo, resaltou que a orientación e o apoio ás persoas afectadas é fundamental, sendo “un deber ofrecer unha atención axeitada coa finalidade de acompañar e mitigar na maneira do posible esa profunda dor e, dalgunha maneira, paliar no posible esas inevitables secuelas e así diminuír unha traumatización secundaria”.
“Non é fácil a aceptación da perda dun ser querido nestas circunstancias, así que é preciso poñer a disposición dos familiares todos os medios necesarios para poder axudar a pasar o trance, dende os primeiros momentos da nova e ao longo de todo o duelo que isto provoca”, subliñou a deputada.
Ademais, sinalou que hai que darlle visibilidade a esas feridas emocionais “que parecen invisibles pero están aí”, lembrando que poden crear problemas graves, como depresión, ansiedade ou insomnio.