O Partido Popular pregunta no Congreso dos Deputados polas vivendas prometidas polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en Galicia e asegurou que «parece evidente que a propaganda» do Executivo «excede con fartura a realidade».
Así o trasladan os deputados galegos nunha pregunta rexistrada na Cámara baixa, na que sinalan que, nunha entrevista recente, a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, asegurou que xa se entregaron máis de 100.000 vivendas das máis de 180.000 prometidas polo presidente.
Esta afirmación, segundo denuncian, contrasta coa realidade percibida pola cidadanía e as propias comunidades autónomas, que «carecen do apoio necesario da administración estatal para afrontar o reto de contar con vivendas máis alcanzables»
Así, sosteñen que en Galicia se descoñece»onde se atopan estas vivendas», o seu número e «cando se entregaron as chaves aos seus propietarios ou adxudicatarios».
«Parece evidente que a propaganda do Goberno excede con fartura a realidade, ignorando que afrontar un problema como a vivenda require do esforzo conxunto de todas as administracións, cada unha no seu propio ámbito de competencias», sinalan os populares.