Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Pleno que “apoiamos a resolución aprobada no Debate sobre o Estado da Autonomía e seguimos defendendo que a Xunta manteña o nivel de calidade asistencial na poboación asignada a Povisa, protexendo os postos de traballo existentes no marco das obrigas pactadas no convenio asinado entre o Sergas e o hospital”.
Esta resolución contou co voto favorable do Grupo Popular e o Grupo Socialista, a abstención do BNG e o voto en contra de En Marea.
Aurelio Núñez demandou aos grupos da oposición que “deixen traballar con tranquilidade ao Goberno galego, sen enredar, porque as persoas de Vigo, a súa bisbarra e os traballadores de Povisa vánllelo agradecer”.
“A Consellería está a traballar nunha solución para as persoas e para os traballadores do Hospital Povisa, con reunións con todas as partes, polo que confiamos en que todo se resolva do mellor xeito posible e nun prazo breve de tempo”, engadiu.