Santiago, 20 de setembro de 2017.- A portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Sandra Vázquez, salientou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia incrementou este ano un 11 por cento o número de participantes no programa de actividades de verán dirixido á mocidade galega, chegando a máis de 9.500 mozos e mozas.
Sandra Vázquez indicou que durante a pasada campaña estival a Xunta incrementou en máis de 500 as actividades dirixidas á a xuventude galega, para o que destinou un orzamento global próximo aos tres millóns de euros.
“Estes campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu entorno”, sinalou a portavoz popular
Así mesmo, Sandra Vázquez apuntou que a posta en marcha desta campaña de actividades para a xuventude “trae consigo un aspecto moi positivo: a xeración de emprego no sector dos educadores de tempo libre, xa que as necesidades de contratación de monitores e directores de tempo libre achegouse ás 1.000 persoas”.