O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, mostrou a preocupación coa que a mocidade galega acolle os anuncios das futuras subidas de impostos que prepara o executivo de Sánchez ao considerar que pon en perigo a creación de postos de traballo pola incertidume que provocan estes anuncios, como a subida do imposto o diésel que provoca un encarecemento dos desprazamentos, o cal afecta os sectores máis vulnerables da sociedade.
Mentres dende Madrid se castiga a xuventude, tomando medidas que encarecen o carburante, a Xunta segue impulsando medidas para que o goberno de Pedro Sánchez non perxudiquen a mocidade galega mantendo os tasas universitarias máis baixas de toda España, a tarxeta transporte que supón a gratuidade do transporte metropolitano para menores de 18 anos en Galicia, que fai que os xóvenes galegos estemos mellor conectados e así que o transporte non sexa un problema senon unha solución, a tarxeta de benvida que é unha axuda de 100 € o menos durante o primeiro ano de vida ou o bono conciliaque é un programa de axudas económicas directas as familias para contribuir o pago dunha praza nunha escola infantil 0-3 anos privada da súa elección.
“Hoxe podemos afirmar con rotundidade que a xuventude ten un futuro máis comprometido por culpa do Goberno Sánchez; xa que mentres o Goberno do Partido Popular promoveu iniciativas como a tarifa plana de 50€ para novos autónomos ou axudas ao alugueiro, todas as medidas económicas que anuncia o PSOE están relacionadas coa suba de impostos” afirma o presidente das xuventudes dos populares galegos.
Para Novas Xeracións de Galicia este incremento masivo de impostos afecta negativamente a creación de emprego e a recuperación económica o que afecta sen dúbida algunha a xuventude galega e española xa que o encontrarse en situación de búsqueda do primeiro emprego ou estudando estas medidas só encarecen o nivel de vida e crean incertidume no mercado laboral.
As mocidades do PPdeG critican a incoherencia de Pedro Sánchez xa que non entenden como un presidente do Goberno que toma decicisión aludindo a ecoloxía e ao aforro enerxético impoñendo impostos como a subida nos carburantes sen embargo. Non ten reparo ningún en abusar dos avións e helicopteros oficiais para asisitir a festivais de música en Castellón ou para asistir a boda do seu cuñado.
Para finalizar, Pardo declara que “España tras sete meses de Goberno Sánchez xa non aguanta máis. Un Goberno da dignidade que se converteu nun quebradeiro de cabeza para os españois que ven como día a día o Presidente Sánchez está máis preocupado polas gafas de sol que lucirá no Falcon que por mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns”.