Skip to content

Paula Prado afirma, respecto do cese da Valedora do Pobo, que “non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme”

Prado, afirmou hoxe no Parlamento, no debate sobre a solicitude de cese da Valedora do Pobo, que “nós non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme”. Neste sentido, acusou a En Marea de “dar un paso máis na súa carreira de destrución das institucións galegas, coa novidade de que o seu socio neste caso de demolición de institucións é o Partido Socialista”.

Paula Prado manifestou, logo de analizar se a actuación do Valedor do Pobo cumpriu neste proceso coas súas obrigas, á vista da comparecencia da titular da institución e do seu adxunto, a documentación que aportaron e as alegacións efectuadas, que “por primeira vez temos máis información que o propio tribunal”.

 

“Pode ser que houbese un erro na estratexia de defensa do Valedor, pero do estudo da documentación aportada dedúcese que non houbo desvío de poder por parte de ninguén”, asegurou a viceportavoz popular. Deste xeito, engadiu que “aquí non estamos en sede xudicial e por tanto non temos que asumir os postulados xudiciais, senón construír un xuízo político a partir da documentación que temos”.

 

MÁIS ALÓ DO CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS

Prado reiterou que os méritos que se pedían para o exercicio da Xefatura de Servizo no Valedor do Pobo “se coñecían previamente, xa que estaban recollidos no documento de Liñas xerais dos Plans estratéxicos da institución do Valedor do Pobo, que se podía consultar na súa páxina web con anterioridade á convocatoria”.

 

Así mesmo, lembrou que as actuacións da Valedora neste procedemento “foron máis aló do cumprimento das súas obrigas e abstívose nun procedemento cando non había nin tan sequera causa xustificada, nin legalmente, que a obrigara á abstención”.

 

A viceportavoz popular sinalou que a Valedora “cumpre as súas obrigas porque non só presenta os informes e memorias ordinarias, senón que tamén algún extraordinario de temas que nos preocupan a todos”. En concreto, referiuse ás súas solicitudes de máis transparencia na xestión das listas de espera ou mellora da calidade asistencial, así como atendendo 25.000 expedientes máis que o pasado ano, cando considera indigno os casos de pobreza enerxética ou cando fai unha campaña para dar a coñecer a institución no rural galego.

 

“Tamén cumpre a Valedora as súas obrigas cando se dirixe ao Concello de Santiago ante a súa inoperancia cando deixaba morrer aos sinteitos da cidade, algo que non lles gustaba ás Mareas de Podemos porque consideran que a Valedora ten que cumprir coas súas obrigas criticando á Xunta e non aos concellos gobernados polas Mareas”, dixo Paula Prado.

 

Neste sentido, engadiu que En Marea “ten pedido a dimisión da Valedora en reiteradas ocasións, e todas tiñan como fondo o cumprimento das súas obrigas defendendo aos máis desfavorecidos: fosen os sinteito do Concello de Santiago ou fose por amparar aos galegos sen pensión en Venezuela”.

 

HONORABILIDADE E HONESTIDADE DO PORTAVOZ

Para rematar, Paula Prado subliñou que no PPdeG “non dubidamos da honorabilidade e honestidade do portavoz do noso grupo parlamentario, porque estamos absolutamente seguros de que non ten influído para nada neste proceso”; e referíndose aos grupos da oposición indicou que “vostedes tamén están seguros diso, pero prefiren enlodar a honra e a digna labor dun político e dunha institución para sacar réditos políticos co seu comodín preferido: a corrupción”. 

Noticias recomendadas

O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Alfonso Rueda ve ao Partido Popular preparado na provincia de Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que ve ao Partido Popular preparado en Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores, tanto a nivel provincial como
O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies