A secretaria xeral xunto a Borja Verea na I Festa Popular en Santiago de Compostela
- A secretaria xeral do PPdeG sobre as propostas dos populares de Santiago: “Agardamos que o 28 de maio de 2023 a cidadanía vexa un proxecto que pensa nun casco histórico habitable, nas posibilidades para acceder a unha vivenda, no comercio de proximidade e nas familias. Unha cidade amable para vivir nela”.
- Pon en valor o traballo do seu partido fronte á inacción e parálise na que ten sumida á urbe o Goberno municipal de Xosé Sánchez Bugallo.
- Celebra que cada día se una máis xente ao proxecto dos populares en Compostela e insiste en que o obxectivo do PP nas vindeiras eleccións municipais é acadar as Alcaldías dos 313 concellos de Galicia: “Confío en que unha delas será a que leve a Borja Verea a ser alcalde Santiago”.
BORJA VEREA TRABALLA POR TER UN GOBERNO SÓLIDO
- “Traballamos para conseguir a maioría absoluta e suficiente que nos permita ter un goberno estable e sólido en Santiago”, di o candidato do PP á Alcaldía, Borja Verea.
- Destaca que os populares representan a experiencia: “Queremos cambiar a desgana e a falta de iniciativa por ganas de gañar e por novas enerxías para transformar e modernizar Santiago”.
- Apunta que o seu obxectivo é “traballar para os demais, estar ao lado da xente, escoitala e aprender dela para acertar e acadar a confianza dos veciños”.