Skip to content

Paula Prado: “Con Pedro Sánchez e co BNG non é que España e Galicia perdan aos penaltis, senón que perden por goleada”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, afirmou hoxe que “con Pedro Sánchez e co BNG non é que España e Galicia perdan aos penaltis, senón que perden por goleada”, xa que o presidente do Goberno “é unha marioneta do independentismo” e os nacionalistas galegos “están ao carón daqueles que queren romper España”.

Así o manifestou esta mañá nunha rolda de prensa celebrada na sede autonómica do partido e na que, coincidindo coa semana na que se conmemora o cuadraxésimo cuarto aniversario da Constitución Española, non dubidou en contrapoñer “aos que desatan lazos e os que os unen” e “a quen trata de construír pontes e quen trata de rompelos en pedazos”.

Referíndose especificamente ao Goberno central, Paula Prado asegurou que “non bastou coa sedición, que agora queren condonar tamén a malversación”. “Mentres no resto do Estado observamos como meros espectadores este intercambio de cromos entre Pedro Sánchez e os independentistas”, dixo.

Congratulouse da “boa nova” que supón a chegada da Axencia de Intelixencia Artificial a Galicia, pero a contrapuxo cos “centos de malas novas” que chegan á Comunidade desde Madrid, como as máis de 200 emendas aos Presupostos Xerais que agora están no Senado: “O que buscamos con estas emendas é mudar os agravios a Galicia, pero xa sabemos onde rematarán: nas papeleiras de cada un dos ministerios”.

Sobre a Lei do ‘só si é si’, a secretaria xeral dos populares galegos volveu reclamar a Pedro Sánchez, así como ás ministras Irene Montero e Pilar Llop, que asuman “as súas responsabilidades por esta chapuza” e afirmou: “Non temos nin desculpas nin ceses, pero si temos xa catro rebaixas de penas a delincuentes sexuais en Galicia”.

Neste sentido, afeou ao Goberno de Sánchez que neste asunto “non atendera ás advertencias”, que “respondera dunha forma inmadura chamando ‘fachas con toga’ aos xuíces” e que “tres semanas despois só se atrevan a dicir que farán ‘algún axuste técnico’ mentres seguen botando a culpa aos xuíces e ao Partido Popular”.

 

“O BNG ESTÁ A CARÓN DOS QUE QUEREN ROMPER ESPAÑA”

Paula Prado puxo tamén en evidencia que “esta semana o BNG mudou a chaqueta moderada e puxo a chaqueta radical”, citando algunhas das frases pronunciadas nos últimos días por Ana Pontón e Néstor Rego e nas que “deixan ben claro que as súas intencións moderadas son levantar a República de Galiza”.

“É necesario que a sociedade galega saiba que o principal partido na oposición está ao carón de Esquerra Republicana e de Bildu. O BNG está ao carón daqueles que queren romper España”, engadiu.

 

“SOMOS MAIORÍA OS QUE APOSTAMOS POR UN CAMBIO DE ADESTRADOR”

A secretaria xeral do PPdeG concluíu sinalando: “Afortunadamente somos maioría os que nos sentimos orgullosos da nosa Constitución, os que cremos en España e na fortaleza do modelo autonómico e os que en Galicia apostamos por un Goberno estable, solvente e eficaz fronte a camiños que non levan a ningures”.

Por último, facendo un símil futbolístico, Paula Prado pediulle aos españois que cando chegue a hora de ir votar “aposten por un cambio de adestrador para que saia Pedro Sánchez e o seu recambio se chame Alberto Núñez Feijóo” e reivindicou que Galicia “siga confiando no mesmo estilo de xogo que apenas notou os cambios dos últimos meses”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies