Skip to content

Paula Prado critica a «dobre covardía» de En Marea e demanda a Luis Villares que se pronuncie sobre se respalda a actuación de Paula Quinteiro ou pide a súa dimisión

Santiago, 22 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe a “dobre covardía” de En Marea en relación coa situación que vive a deputada Paula Quinteiro: “dunha parte, negándose a dimitir, a pesar do clamor dos seus compañeiros que lle piden que deixe o Parlamento; e doutra parte, a do portavoz do grupo parlamentario, Luis Villares, que non se pronuncia sobre se respalda a actuación da deputada ou lle pide a súa dimisión”.

 

 

Paula Prado afirmou que, “como deputada desta Cámara, sinto bochorno e vergoña pola imaxe que se está a trasladar á sociedade por parte da deputada Paula Quinteiro e o grupo parlamentario de En Marea”.

 

SILENCIOS MÁIS CLAROS QUE PALABRAS

 

Neste sentido, manifestou que “hai silencios que son más claros que as palabras” e indicou que “nin un só dos deputados de En Marea apoiou publicamente a Paula Quinteiro, nin tan sequera en 140 caracteres como é habitual por parte dos seus compañeiros de filas”.

 

“Na reunión do grupo parlamentario que tivo lugar onte puidemos ver que Paula Quinteiro non conta co apoio dos seus compañeiros no Parlamento, que lle pediron que entregase a súa acta de deputada para deixar de exercer a presión que está sufrindo o grupo parlamentario das Mareas de Podemos, pero ela negouse a dimitir”, sinalou.

 

Deste xeito, lembrou que “trasladan ao órgano máximo da organización política de En marea a decisión de pedirlle ou non a dimisión a Paula Quinteiro, nun xuízo que parece que vai ter lugar mañá e no que ela vai estar presente”.

 

FIN Á LOCUACIDADE DE LUIS VILLARES

 

Paula Prado incidiu que “o silencio máis clamoroso é o do seu portavoz, Luis Villares, ao que esta situación puxo coto á súa locuacidade habitual, que opina de todo menos do que ten que opinar”. “Estamos agardando que Luis Villares se pronuncie sobre que vai facer cunha deputada do seu grupo, tanto se avala a súa actuación na situación na que se viu implicada, nunha intervención policial na que se estaba identificando a uns señores que ao parecer estaban rompendo coches nas rúas de Santiago, como se pide a súa dimisión”, manifestou.

 

A viceportavoz popular considerou “sorprendente que digan que o PP politiza un asunto que é do ámbito privado, cando estamos a falar dunha señora que esgrime a súa identificación de deputada nunha situación na que a Policía Local está identificando a uns señores que foron denunciados por uns veciños”. “Non forma parte do ámbito privado de ninguén, senón do ámbito público porque ela é a que saca o carné de deputada, utilizando os supostos privilexios que tanto ten criticado a esquerda rupturista”, engadiu

 

O ALCALDE DE SANTIAGO, DO LADO DOS VÁNDALOS

 

Así mesmo, e como santiaguesa, Prado lamentou que o alcalde de Santiago “non se tivera posto do lado dos santiagueses defendendo as súas propiedades e intereses, e se puxera do lado dos vándalos porque parece que algún deles forma parte da súa formación política”.

 

“Non me parece menor que todos os días asistamos a actos vandálicos nesta cidade e que moitos veciños de Santiago se levanten polas mañás cos seus espellos retrovisores rotos, aos que seguro que non lles fai ningunha gracia que o alcalde diga que é unha cuestión menor”, dixo Paula Prado.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies