A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que as políticas de igualdade que funcionan en Galicia constitúen “unha referencia” e un exemplo a seguir para outras rexións.
Así o manifestou hoxe durante a reunión que mantivo co presidente da Assambleia Legislativa do Estado de Santa Catarina, Mauro de Nadal, e varios deputados desta Cámara cos que tivo a oportunidade de compartir experiencias, debater sobre intereses comúns e poñer en valor a importancia da igualdade na política.
Neste sentido, a número dous dos populares galegos incidiu en que a igualdade debe estar na base de todas as políticas públicas na medida en que estas inciden directamente no día a día das persoas.