Skip to content

Paula Prado e Luis Menor poñen en valor o reto do PP de Verín para conseguir que o partido “volva ser a forza máis representativa do concello”

O Partido Popular de Verín celebrou esta tarde un tradicional magosto no que a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente do PPdeOU, Luis Menor, puxeron en valor a nova etapa que inician os populares verineses coa posta en marcha dunha xestora, presidida por Luisa Valladares, e que segundo afirmaron ten un gran desafío: “Conseguir que o PP de Verín sexa de novo a forza política máis representativa no concello”.

Na praza da Merced e coa asistencia de ao redor de 400 persoas, Paula Prado puxo en valor o éxito desta convocatoria que, segundo apuntou, dá boa mostra de por que “o Partido Popular é o partido de Verín e da provincia de Ourense”.

“O que se ve hoxe aquí é un equipo unido, con ganas de traballar por un Verín mellor e con proxectos que dan resposta ás necesidades reais dos veciños”, asegurou amosándose convencida de que isto quedará reflectido tamén nas urnas nas próximas eleccións municipais de 2027.

Así mesmo, a secretaria xeral agradeceu ao partido local que estea liderando reivindicacións como a denuncia da supresión das competencias de seis xulgados comarcais da provincia en materia de violencia de xénero, un deles en Verín.

Precisamente no día no que o partido conmemorou en Santiago o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, criticou que o Goberno central está a “apostar por dar pasos atrás” nesta materia. “Este é un ataque máis do Goberno de Sánchez á mulleres e á provincia de Ourense”, denunciou ao tempo que manifestaba que o PPdeG non vai consentir que se revitimice ás vítimas “obrigándoas a desprazarse ata unha hora para chegar á capital”.

“IMAXE DE UNIÓN, FORTALEZA E MOBILIZACIÓN DO PP”

Luis Menor expresou o seu orgullo ao comprobar a resposta da militancia e simpatizantes do partido a unha convocatoria “que vai máis aló dunha tradición”, senón que tamén se converte nunha oportunidade para “para dar esa imaxe de unión, fortaleza e mobilización que nos caracteriza”.

Para o presidente provincial, esta celebración ten aínda máis importancia en tanto que o PP de Verín inicia unha nova etapa coa posta en marcha dunha xestora que ten “un gran desafío: situar ao PP local no mellor posto de saída para recuperar a alcaldía e ser de novo a forza máis representativa na vida política verinesa”.

Ademais de agradecer o traballo dos anteriores equipos de dirección do PP local, Luis Menor pediu “todo o apoio” á xestora que preside Luisa Valladares, “porque grazas á política que facedes todos vós imos gañando en representatividade e situámonos en mellores condicións para gobernar”.

Na súa intervención tamén destacou o papel de mocidade, que conecta ao partido cos rápidos cambios que mudan a sociedade, poñendo en valor a recente creación dunha agrupación local de Novas Xeracións que “comparte valores e visión política, aberta, ampla, rural e tamén urbana, e que contribúe a mellorar o municipio”.

“QUEREMOS UNIR E RECUPERAR O ESPLENDOR DO NOSO MUNICIPIO”

Pola súa banda, Luisa Valladares afirmou que “Verín merece algo mellor, xente comprometida coa súa vila e, sobre todo, coa súa veciñanza”, incidindo en que estas persoas se atopan nun PP de Verín “cunha estrutura sólida e un programa cheo de ilusións”.

A presidenta remarcou que este proxecto “quere unir e recuperar o esplendor” do municipio. Ademais, salientou a importancia de contar coa xente moza, aos que no PP verinés lle dan “un gran protagonismo”, pois “serán as persoas do futuro”.

Noticias recomendadas

Rueda anima aos seus alcaldes a seguir traballando para facer valer a importancia da unidade, a xestión e a estabilidade que caracteriza ao PPdeG
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, anima aos alcaldes e alcaldesas do partido a seguir traballando para facer valer a importancia que teñen para a cidadanía a
O PPdeG reivindica a importancia da educación para que as mulleres vivan “en liberdade”: “Nin caladas, nin submisas”
O Partido Popular de Galicia reivindicou hoxe, co gallo do 25N, a importancia da educación para que as mulleres vivan “en liberdade” fronte a unha esquerda que “pretende silencialas”. “Todas
O PPdeG denuncia o “taxazo do lixo” e os seus graves prexuízos para máis de 200 concellos rurais pola dispersión da poboación
As deputadas do Grupo Popular Dolores Hermelo e Patricia García denunciaron hoxe en Cangas o “taxazo do lixo” do PSOE e BNG como un novo ataque aos petos da cidadanía
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies