Santiago, 20 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, felicitou esta mañá a Juanma Moreno e a todos os militantes do Partido Popular en Andalucía “polo resultado histórico” conseguido onte nas eleccións autonómicas. “Triunfou unha forma de facer política desde a xestión, a moderación e a estabilidade”, sinalou Prado, quen, referíndose a Galicia, engadiu que esta vitoria “debe servir de impulso e ánimo para seguir traballando e que as próximas eleccións municipais sexan un novo paso no cambio que unha gran maioría de españoles desexan dar á política española”.
?️ A secretaria xeral @paulapra2 felicita a @JuanMa_Moreno e ao @ppandaluz por un resultado histórico nas eleccións autonómicas, «unha felicitación que debe facerse extensiva a todos os andaluces, porque escolleron o mellor presidente para a súa terra». pic.twitter.com/o8UVoo5MfW
— PP de Galicia (@ppdegalicia) June 20, 2022
“Andalucía falou onte e apostou claramente por un modelo que encarna a xestión, o crecemento e a ilusión; confiando de maneira maioritaria na consolidación dun cambio que durante tres anos e medio deu enormes froitos e deixaron atrás moitos anos de gobernos socialistas, que levaron a Andalucía a ser un referente de xestión partidista e salpicada por graves casos de corrupción”, salientou a viceportavoz popular.
Os andaluces deixaron claro que apoian o modelo do @populares, representado por @JuanMa_Moreno, e deron as costas ao PSOE e aos populismos
Elixiron moderación e xestión fronte a ruido. Baixar impostos e non subilos
Dixeron si ao PP e non a Sánchez e os seus socios@paulapra2 pic.twitter.com/RalgeeWacl
— PP de Galicia (@ppdegalicia) June 20, 2022
TAMÉN GAÑA ESPAÑA
Neste sentido, manifestou que “coa vitoria en Andalucía, tamén gaña España, porque España necesita gobernos que creen estabilidade, que crean na boa xestión e no rigor, que aposten pola centralidade e se alonxen do radicalismo e o populismo, e que exerzan unha política seria, serena e sensata”.
Paula Prado sinalou que “o resultado debería facer reflexionar aos responsables do PSOE, porque cada vez está máis claro que representan un modelo esgotado e que a cidadanía prefire outra forma de facer política”. “Seguro que esa maioría enorme de andaluces que onte auparon a Juanma Moreno a un resultado histórico desexarían que o Presidente de España fose Alberto Núñez Feijóo e non Pedro Sánchez”, subliñou.
Respecto das repercusións que este resultado poda ter en Galicia, a viceportavoz popular afirmou que “debe servir de impulso e ánimo para seguir traballando, e que as próximas eleccións municipais sexan un novo paso no cambio que unha gran maioría de cidadáns desexan dar á política española, confiando no PPdeG para levar os seus concellos e deputacións cunha xestión transparente e centrada no crecemento”.