Hoxe, na Xunta Directiva do PP da provincia da Coruña xunto ao presidente provincial, Diego Calvo
- “Aspiramos a que os galegos vexan que o PPdeG é o partido que máis se parece á xente, o que máis está ao lado das súas necesidades e o que aporta solucións aos seus problemas”, asegura a secretaria xeral.
- Di que o BNG celebrou os 40 anos da súa fundación cunha “festa do independentismo” na Coruña, lamentando que, tras catro décadas, os nacionalistas “seguen igual, alardeando da independencia de Galicia, que non é o que precisan os galegos nestes momentos”.
- Cuestiona que o Goberno central do PSOE estea invadindo competencias que corresponden á Comunidade como as fiscais ou as de ordenación do noso litoral: “Os galegos non podemos consentir estes desprezos e agravios a Galicia”.
- Pon en valor o traballo do presidente provincial, Diego Calvo, que dende o partido e dende a Xunta “está a facer todo o posible para aliviar a situación complexa que viven todos os galegos”.
- Insiste en que os concellos da provincia da Coruña son “93 obxectivos” para poñer en marcha “o proxecto común de certezas, solvencia e sentidiño do PPdeG”, co que agardan ter un “magnífico resultado” o próximo 28 de maio de 2023.
- Indica que na reunión da Xunta Directiva provincial proporán a celebración de máis congresos locais e seguirán avanzando, xunto cos candidatos e cos alcaldes, nas propostas dos populares.