Santiago, 3 de decembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que “Galicia fixo un bo exercicio do autogoberno durante a vixencia da actual Constitución, con absoluta lealdade das normas constitucionais, e como resultado temos unha sociedade máis integrada”.
No transcurso dunha intervención na xornada Galicia, o longo camiño cara ao autogoberno, organizada polo Parlamento con motivo do 40 aniversario da Constitución, Puy lembrou que a norma básica “foi un edificio institucional moi bo, pero como en todas as obras sempre queda algo por perfeccionar que se pode ir resolvendo a través das reformas constitucionais”.
ESTABILIDADE POLÍTICA
Neste sentido, salientou a “estabilidade política” que trouxo a Constitución Española de 1978, logo de que “se chegara a un acordo sobre os dereitos e liberdades dos cidadáns, unha división de poderes para controlar o seu exercicio polas distintas partes; e outorgando funcións e competencias aos distintos órganos constitucionais”.
O portavoz popular incidiu, ademais, no incremento do gasto social rexistrado nos últimos 40 anos, chegando a representar máis do 60 por cento e duplicando a porcentaxe que existía en 1975”.