Santiago, 15 de novembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque a Comisión de Estudo sobre a reforma do financiamento autonómico, que mañá se constituirá no Parlamento galego logo da solicitude realizada polos tres grupos parlamentarios, “sirva para fixar unha posición de consenso que xire sobre un modelo nivelador total en canto aos recursos e que teña en conta o custo real da prestación dos servizos públicos en todos os territorios”.
Rexistrada petición da posta en marcha comisión de estudo sobre financiamento autonómico,para Puy ten que recoller o traballo feito e xirar polo financiamento nivelador para todos os servizos e bens públicos e teña en conta o coste real da prestación destes servizos @ppdegalicia pic.twitter.com/ocvfUuPKIc
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 15, 2021
Ao remate da reunión celebrada esta mañá polos deputados do Grupo Popular, Puy avanzou que a vindeira semana terá lugar o Pleno para o debate de totalidade dos orzamentos da Xunta para 2022. Neste sentido, lembrou que as contas públicas para o vindeiro ano ascenden a 11.627 millóns de euros, e recollen o maior gasto social da historia 8.660 millóns de euros.
?️Pleno da próxima semana de #orzamentos2022 de
11.627 M€,un 7% máis,co maior gasto social da historia,mantendo reforzo nos investimentos,cun volume de endebedamento que mantén a Galicia nas CCAA menos endebedadas e un nivel fiscal como elemento expansivo para a reactivación ? pic.twitter.com/SEjCLOqgOy— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 15, 2021
“Mantemos un reforzo dos investimentos xunto cunha política de endebedamento e fiscal prudente, na liña dos últimos anos”, apuntou o portavoz popular. En concreto, considerou que se trata “dos orzamentos apropiados para as actuais circunstancias sociais e económicas” e destacou que a Xunta “está en boa situación financeira, na que sen incrementar a presión fiscal está en condicións de manter a débeda”.
VIOLENCIA DIXITAL
Pedro Puy tamén avanzou que na sesión plenaria ordinaria da vindeira semana terá lugar o debate, coincidindo coa celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, para a aprobación da reforma da Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, impulsada polo Grupo Popular e a través da que se incorpora a violencia dixital como unha nova forma de violencia de xénero.
?️No Pleno da próxima semana aprobarase a modificación da lei que recoñece a violencia dixital como nova forma de violencia de xénero, asociada ao ciberbullying, sextorsion, gooming, usurpación de identidade,sexting ou pornovenganza, Puy congratulase do consenso amplio acadado pic.twitter.com/m86QGGz7zP
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 15, 2021
“Con esta modificación lexislativa intentamos atallar e loitar contra a violencia dixital que se realiza a través de delitos como ciberbullying, sextorsion; grooming; usurpación de identidade, chaves ou contrasinais; sexting, revenge porn ou pornovenganza, actividades que se están a incrementar, especialmente entre a xente nova e as mulleres”, apuntou.
O portavoz popular recordou que a ponencia desta reforma lexislativa aprobouse por unanimidade en Comisión e salientou que “durante a tramitación lexislativa da proposición de lei conseguimos mellorala con aportacións dos grupos da oposición e a emenda do Grupo Popular a través da que incluímos como condutas de violencia de xénero dixital non só as que se exercen a través das novas tecnoloxías, senón todo acto cometido, instigado ou agravado, recoñecendo como medio para cometer o delito a utilización de servizos de xeolocalización”.
CONSENSO PARA O FINANCIAMENTO
Para rematar, Pedro Puy referiuse á posta en marcha da Comisión de estudo sobre a reforma do sistema de financiamento autonómico, asinada polos tres grupos parlamentarios e que está prevista a súa aprobación mañá pola Xunta de Portavoces. Neste sentido, apuntou que “o obxectivo é que sirva para fixar unha posición de consenso no Parlamento galego que xire arredor do que sempre se defendeu desde Galicia: que o financiamento sexa nivelador en canto aos recursos públicos e se teña en conta o custo real da prestación dos servizos públicos en todos os territorios”.
“Confío que sexamos capaces de chegar a un acordo porque o financiamento é unha cuestión crucial no exercicio do autogoberno e vai depender disto tanto a nosa capacidade de autonomía financeira como a capacidade de gasto para manter servizos públicos de calidade”, manifestou.