Santiago, 18 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou no Parlamento galego coñecer os fondos cos que vai contar a Comunidade galega para implantar medidas contra a Covid-19.
?️Incide Pedro Puy no @Par_Gal na importancia do acordo de todos os grupos parlamentarios sobre a necesidade de reactivación económica na que os poderes públicos asuman as súas responsabilidades e sobre as liñas de actuación a medio e longo prazo @ppdegalicia pic.twitter.com/qi49dBFyfn
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 18, 2020
Neste sentido, amosou a súa preocupación pola “incerteza que existe sobre os ingresos complementarios que vai recibir a Comunidade galega para a loita contra a Covid-19, a capacidade de endebedamento que lle van autorizar ou sobre como se van tramitar os fondos europeos anunciados”. “Neste momento, a Administración galega descoñece como se van xestionar estes fondos, polo que calquera plan de reactivación que se queira afrontar require ter en conta cal é a dispoñibilidade de cartos que se ten”, dixo.
Na súa intervención na Comisión 3ª, o portavoz popular lembrou que ata o momento a Xunta recibiu 268 dos 9.000 millóns do fondo sanitario e 93 dos 2.000 millóns do fondo para educación. Neste sentido, sinalou que “neste reparto non se tiveron en conta criterios fundamentais para Galicia como a atención sanitaria prestada aos maiores afectados polo coronavirus nas residencias de maiores, a dispersión poboacional de Galicia ou o transporte escolar”.
Así mesmo, Puy saudou a posta en marcha do ingreso mínimo vital por parte do Goberno central, aínda que lamentou o retraso no pago aos beneficiarios. En concreto, dixo que “se anunciaron 40.000 beneficiarios en Galicia, pero a día de hoxe só se deron o 10 por cento destas prestacións e a inmensa maioría delas foron concedidas de xeito automático aos beneficiarios que xa tiñan unha prestación, fundamentalmente por ter un fillo menor a cargo”.
▶️Destaca Puy o importante esforzo da @Xunta que recoñecen todos os grupos,que concentrou 1.700 M€ públicos e espera mobilizar outros 1.300 M€ privados,
para o ámbito sanitario,social, emprego,dinamización económica,vivenda,educación,turismo,medio rural ou mar @ppdegalicia pic.twitter.com/xsQuOnYjjj— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 18, 2020
O portavoz popular demandou, ademais, que a distribución deste ingreso mínimo vital se faga en coordinación coas comunidades autónomas, “xa que a Xunta ten un coñecemento específico das demandas existentes, polo seu traballo de campo coa renda de inserción social de Galicia, moi superior ao que pode ter a Administración do Estado, como demostra o feito de que desde a pandemia se tramitasen en Galicia pola Xunta 1.800 novas altas na Risga”.