Santiago, 22 de setembro de 2017.- Raquel Arias cualificou de unha “excelente oportunidade” que a Xunta iniciara onte os trámites para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural (BIC), “paso previo e necesario”, segundo dixo, para converterse en Patrimonio da Humanidade.
A deputada popular salientou a importancia deste feito para a promoción turística da zona, que “é un importante motor económico”. “Ser BIC e aspirar a Patrimonio da Humanidade é un plus diferencial a sumar aos moitos atractivos que xa ten a Ribeira Sacra dende o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico e que a están a converter nun dos destinos preferidos de Galicia”, engadiu.
VITICULTURA HEROICA
Arias tamén salientou que o recoñecemento como BIC ten que ser totalmente compatible co desenvolvemento da viticultura heroica, “outro motor económico para a zona e un elemento paisaxístico e medioambiental diferenciador que temos que cuidar con mimo”. Considerou ademais que este distintivo debe ser aproveitado tamén como un valor engadido á hora de posicionar os viños desta Denominación de Orixe.
A deputada popular amosouse moi satisfeita do compromiso que a Xunta está a amosar coa Ribeira Sacra.