7, novembro, 2022. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou onte no IV Magosto do PP de Lalín, con máis de 1.500 asistentes e acompañado polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, polo alcalde de Lalín, José Crespo e por Román Rodríguez. Alí non dubidou en agradecer ao milleiro de asistentes a súa asistencia: “Se non hai partido, non hai nada, e non habería equipo sen todos os que estades aquí facendo forza e animándonos a seguir traballando”.
Neste sentido asegurou que sen as bases do partido non tivera sido posible a volta de José Crespo á alcaldía en 2019, ao tempo que trasladou ao rexedor popular todo o seu apoio: “Pepe era quen o tiña máis sinxelo dicir que o seu momento xa pasara, pero fixo todo o contrario. Colleu todas as súas ganas por facer cousas, púxose a traballar e conseguiu o que parecía imposible: volver a ser alcalde e volver a poñer a Lalín no mapa despois de catro anos”.
Aproveitou para cualificar os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2023 como “unhas contas pensadas para facer fronte ao que vén por diante, para axudar a quen máis o vai necesitar e que contrastan coa propaganda do Goberno central” e engadiu: “Hai que pensar nos autónomos, nas empresas, na xente con ideas, nas familias e en seguir baixando impostos para que a xente teña máis cartos para poder vivir”.
Salientando que “os Orzamentos da Xunta de 2023 para Lalín son os mellores da historia porque os veciños o merecen e porque este concello ten que seguir prosperando con forza como leva facendo durante os últimos anos”
O presidente do PPdeG reivindicou ademais a Alberto Núñez Feijóo como “o mellor presidente da historia de Galicia” e puxo en valor os seus anos de goberno: “Os ministros de Sánchez veñen a Galicia a dicirnos moitas cousas sobre Feijóo, como se nós non coñeceramos ben a unha persoa á que votamos catro veces por maioría absoluta. Pero por moito que vaian a por el, por moito que mintan e por moito que acosen, Alberto Núñez Feijóo vai ser o próximo presidente de España”
Rueda quixo agradecer aos asistentes a súa forza e os ánimos que lle trasladaron: “Eu a cambio ofrezo o que sempre ofreceu o PP: ser previsibles, traballar sen perder o tempo e seguir escoitando para que a xente nos diga o que precisa”