Skip to content

Tellado afirma que o obxectivo da proposición de lei de reactivación económica é xerar confianza, apoiar ás empresas e protexer o emprego

Santiago, 22 de decembro de 2020.- A proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia continuará a súa tramitación no Parlamento galego logo de superar hoxe a toma en consideración, co único voto favorable do Grupo Popular.

“Ten un obxectivo moi claro: xerar confianza, porque a confianza é fundamental para lograr a reactivación da nosa economía, apoiar ás empresas, incentivar o consumo e protexer o emprego”, subliñou o viceportavoz popular, Miguel Tellado.

 

En concreto, Tellado explicou que “para lograr esta confianza esta lei traballa sobre tres eixes: axilización dos trámites administrativos, apoio a empresas e profesionais, e anticipación para aproveitar a oportunidade que representan os fondos europeos”.

 

Respecto da axilización administrativa para impulsar a actividade económica e a creación de novos proxectos en Galicia, o viceportavoz popular concretou que se fará “simplificando os trámites burocráticos, eliminando duplicidades, aforrando custos, reducindo os tempos de tramitación, simultaneando procedementos e informes, e fomentando a coordinación entre diferentes administracións”.

 

“Porén, esta axilización en ningún caso significa diminuír garantías nin eliminar a protección a outros valores fundamentais como o medioambiental, o cultural ou o natural”, asegurou.

 

Un segundo eixo desta proposición de lei do Grupo Popular busca apoiar as iniciativas empresariais, especialmente as máis novas e localizadas no rural. Para isto, Miguel Tellado apuntou que “deseña mecanismos de financiamento para pequenas empresas, crea un sistema múltiple de acompañamento ás empresas e establece beneficios fiscais para apoiar ao rural”.

 

Neste sentido, salientou que “por primeira vez se regula o concepto de proxecto tractor, ademais de redefinir os proxectos industriais estratéxicos e as iniciativas empresariais prioritarias que amplían a súa capacidade para absorber máis iniciativas e proxectos”.

 

MECANISMO DE PLANIFICACIÓN

 

En terceiro lugar, Miguel Tellado afirmou que esta proposición de lei “crea un mecanismo completo e integral de planificación, xestión e control dos fondos europeos”, que “representan unha oportunidade única para minimizar o impacto da pandemia e para transformar a economía galega, impulsando un modelo máis sostible, máis verde e máis dixital”.

 

O viceportavoz popular indicou que neste ámbito se reforzará a Comisión Next Generation, se creará un comité técnico que auxilie a esta comisión e se establecerán grupos de traballo para a simplificación dos procedementos de subvencións e contratacións, homoxeneizando modelos e boas prácticas.

 

Tellado sinalou que “as administracións deben ser un apoio para a actividade dos profesionais e das empresas, especialmente nos momentos máis complexos como na actualidade”. Deste xeito, considerou necesario que “mudemos a cultura administrativa” porque “a reactivación pasa porque os gobernos impulsen a actividade e faciliten os procedementos administrativos para que as empresas e profesionais poidan desenvolver a súa actividade para atraer novos investimentos a Galicia e para apoiar iniciativas tanto dos emprendedores como dos proxectos xa consolidados”.

 

Para rematar, Miguel Tellado amosou a “vontade do Grupo Popular para enriquecer este texto con propostas sensatas dos grupos da oposición e facer unha lei que faga fronte á pandemia sanitaria, económica e social, ao tempo que convertamos a crise nunha oportunidade para avanzar na simplificación administrativa e na reactivación económica”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies