Presenta un decálogo dos agravios dos Orzamentos do Estado coa nosa Autonomía, que cualifica como “desequilibrados, irreais e irresponsables”
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou o proxecto de Orzamentos do Estado presentado esta semana asegurando que baixar o investimento en Galicia e subir impostos aos galegos é a vinganza de Sánchez pola derrota do PSOE nas autonómicas.
Segundo sinalou, estes presupostos son unha vergoña, resultan profundamente lesivos e van en contra da Comunidade e do proceso de recuperación económica e social que necesita o noso país. “Son as contas da leiteira”, engadiu ao tempo que as cualificaba como desequilibradas, irreais e irresponsables, xa que se basean nun aumento histórico do gasto que se sostén sobre un gran subida de impostos a todos os cidadáns e sobre unhas predicións ficticias.
A MENOR INVERSIÓN EN 15 ANOS
Durante a súa intervención en rolda de prensa, acompañado pola deputada Marta González, Tellado presentou un decálogo dos agravios dos Orzamentos de Pedro Sánchez con Galicia.
En primeiro lugar, lamentou que contemplen unha redución do investimento na nosa Autonomía do 11% -a inversión total en Galicia é de 832 millóns de euros-. Trátase da cifra máis baixa dos últimos 15 anos, perdendo 104 millóns en comparación cos últimos Orzamentos aprobados, que eran do Goberno Rajoy.
“Non é casualidade que o investimento en Cataluña suba un histórico 48%, que suba en 12 Comunidades e só baixe en cinco, entre elas, Galicia”, manifestou indicando que estas contas non atenden a criterios de cohesión territorial ou a un reparto xusto senón ao clientelismo. “Estamos ante un pago político descarado aos socios que sustentan ao Goberno. Uns presupostos extremistas para satisfacer aos seus socios extremistas”, insistiu.
Doutra banda, resaltou a caída do peso da Comunidade no investimento rexionalizable de máis de dous puntos -pasamos dun 9.2% a un 6.6%-. “Estamos moi por debaixo do 13.8% que chegamos a ter con Rajoy e incluso por debaixo do 8% que aquel Goberno bipartito de PSdG e BNG consideraba o mínimo aceptable. Agora calan e aplauden ao Goberno”, apuntou.
GRANDES INFRAESTRUCTURAS E OUTRAS INVERSIÓNS
Tellado explicou que esta baixada histórica concretase na caída dos investimentos en moitas infraestruturas viarias cruciais para Galicia, desaparecendo total ou practicamente partidas moi importantes. Como mencionou, chama a atención o relacionado con Vigo -a Variante da A-52 (o túnel Vigo – Porriño) ou a remodelación da Avenida de Madrid- e conxélase calquera posible avance na circunvalación de Pontevedra.
Así mesmo, desaparecen ou redúcense ao mínimo a Ampliación Alfonso Molina, a Ponte Pasaxe ou a prolongación de acceso ao Porto Exterior da Coruña; a mellora da seguridade viaria nos camiños de Santiago; as actuacións en Ferrol de integración urbana da FE-14; as variantes de A Estrada, Ponteareas, Pontecesures e Valga, e a de Ordes; e tampouco se actúa sobre a integración urbana da AP-9 nin se contempla ningunha partida para a AP-53.
Ademais, outras infraestruturas de comunicación non saen mellor paradas, poñendo como exemplos a liña de tren Ourense-Madrid, que de ter 8 millóns de euros en 2020 pasa a non ter investimentos previstos para 2021; o Eixo Atlántico, que apenas conta con partidas menores para realizar estudos; ou o ámbito das estacións intermodais, no que non hai partidas específicas para o vindeiro ano.
DEPENDENCIA E RETO DEMOGRÁFICO
Por outra banda, criticou que o Goberno socialista prometa menos de 600 millóns de euros para toda España en dependencia cando só a Xunta inviste 200 millóns de euros cada ano para atender a maiores e persoas con discapacidade, o que evidencia que estes non son os presupostos sociais que prometeron.
No tocante ao desafío do reto demográfico, definiu como ridícula a cantidade que transfire o Goberno ás Comunidades para tal fin: dos 11 millóns para toda España só chegarán a Galicia 650.000 euros para reverter o declive de poboación.
DESPREZO AO XACOBEO
Outro dos agravios do que falou Tellado é a ausencia dunha partida para o Xacobeo 2021, mentres os Orzamentos de Sánchez si destinan 24.5 millóns de euros a Barcelona “para crear unha ficticia capitalidade cultural e turística o próximo ano como pago aos seus socios de Goberno”.
PREVISIÓNS FICTICIAS E DEPENDENCIA DOS FONDOS EUROPEOS
“Estes son uns Orzamentos baseados nunhas previsión ficticias. Nun crecemento irreal”, subliñou explicando que, nun escenario de destrución de emprego e de grandes dificultades económicas, o Executivo socialista fai unha previsión de crecemento do 9.8% e afirma que os ingresos do Estado serán os maiores da nosa historia. “Non sabemos se isto se debe á incompetencia económica do Goberno ou directamente ao engano e a manipulación. Probablemente estamos ante as dúas cousas”, dixo.
Igualmente, cuestionou que as contas dependan absolutamente dos fondos da Unión Europea -que aínda non foron aprobados e, de que se aproben, é moi difícil que cheguen para o ano 2021-. Do mesmo xeito, no caso de que cheguen antes de final de ano, o secretario xeral amosou as súas dúbidas sobre os seus criterios de reparto e da súa capacidade de execución xa que aínda están pendentes de executar 15.000 millóns de euros de fondos europeos para 2020.
SUBIDA DE IMPOSTOS
Por último, precisou que estes presupostos dependen dunha subida de impostos histórica de 8.000 millóns de euros “que vamos a pagar todos, non só os ricos”, xa que afectan aos que beben refrescos ou os que teñen aforros ou un plan de pensións, internet na casa ou no móbil, algún seguro ou un vehículo diésel.
Sobre este punto, fixo fincapé en que só en Galicia vense afectados 1.152.010 vehículos diésel de particulares, autónomos, profesionais ou emprendedores, é dicir, máis dun millón de galegos que pagarán a subida de impostos ao diésel de Sánchez.