Skip to content

Tellado: “Oxalá Sánchez apoie tanto ao Goberno galego como está apoiando ao candidato do PSOE en Cataluña”

Dubida que o Executivo central dea prioridade a Galicia por riba dos seus intereses políticos, cando incluso puxo estes por riba da xestión do COVID 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, agarda que Pedro Sánchez estea igual de interesado en apoiar ao Goberno galego que o está en apoiar ao candidato do PSOE nos comicios cataláns, Salvador Illa.

 

Así se expresaba nunha comparecencia en rolda de prensa na que se referiu á xuntanza de hoxe entre o presidente da Xunta e o presidente do Goberno, un encontro no que os populares esperan encontrar en Sánchez unha maior sensibilidade cos asuntos que afectan a Galicia da que ten demostrado ata o de agora.

 

Segundo recordou, desde a última reunión presencial entre os dous dirixentes, en 2018, cambiaron moitas cousas para peor, xa que a Comunidade acumula unha longa lista de agravios do Executivo do PSOE. “Tememos que ás portas  duns comicios electorais en Cataluña esta lista aumente. É difícil esperar que o Goberno socialista poña os intereses de Galicia por riba dos seus intereses políticos cando está poñendo os seus intereses políticos por riba, incluso, da xestión da pandemia”, dixo en referencia á renuncia do Ministro Sanidade, en plena crise sanitaria, para ser candidato á Generalitat.

 

Tellado tamén salientou as seis grandes cuestións que Feijóo demandará ao Goberno central: a ampliación do toque de queda, un calendario de vacinación definido, un consenso nacional sobre o teletraballo, directrices claras para o uso das mascarallas FFP2, un marco normativo axeitado para xestionar a pandemia e un reparto xusto e transparente dos fondos europeos; así como doutras importantes reivindicacións como a improrrogable chegada do AVE, carga de traballo para os estaleiros de Ferrol ou o apoio ao Xacobeo e ás candidaturas a Patrimonio Mundial.

 

Ademais, sinalou que non se obtivo ningún posicionamento por parte de oposición para estas cuestións, pois a única prioridade do BNG e do PSOE é atacar ao Goberno galego. “Quéixanse de falta de comunicación, pero utilizan as reiteradas comparecencias do presidente no Parlamento unicamente para falar do seu libro e xamais para facer propostas ou buscar acordos”, engadiu.

 

De feito, lembrou que Ana Pontón chegou ao extremo de criticar o resultado da reunión con Sánchez dous días antes de que esta se produza, demostrando que, ocorra o que ocorra en Madrid, ela xa ten decidida a súa postura, “a de sempre, a critica radical e destrutiva ao Goberno galego”. Mentres, pola súa banda, asegurou que Gonzalo Caballero ten que esperar a ver que di o presidente do Goberno para repetir o mesmo, “continuando co seu labor oficial de loro de repetición de Sánchez en Galicia”.

 

O EQUILIBRISMO POLÍTICO DO PSOE

Por outra parte, o número dous do PPdeG falou dos dous importantes avances acadados esta semana polo Goberno galego, coa aprobación duns orzamentos excepcionais para a xestión da pandemia e coa primeira lei de España de impulso demográfico; ao tempo que lamentaba que estas iniciativas tivesen que ser aprobadas sen o apoio da oposición.

 

Como resaltou, mentres o PPdeG avanza na defensa dos intereses dos galegos, o BNG e o PSdeG están tan centrados en ter un pé de páxina nos medios de comunicación que acabarán converténdose “nun pé de páxina na historia de Galicia”, pelexando constantemente consigo mesmos e entre eles.

 

De igual xeito, o traballo da Xunta tamén contrasta coa actitude dun Goberno central “que vive instalado no equilibrismo político”, empregando cada día piruetas políticas máis extravagantes para manterse no poder, aínda que teña que xogar cos extremos contrarios do arco parlamentario como fixo con Vox e Bildu para aprobar o opaco decreto dos fondos europeos. “Hoxe foi con Bildu e Vox, mañá será con Ciudadanos e pasado con Teruel Existe. O PSOE é o Circo do Sol da política española”, incidiu.

 

“Fronte a un Goberno do PSOE, moito máis preocupado polas eleccións catalás que por xestionar a crise máis grave da nosa historia recente, e fronte a unha oposición que vive na confrontación permanente; o PPdeG segue traballando co obxectivo para o que o votaron maioritariamente os galegos: poñer fin canto antes á pandemia sanitaria, económica e social”, sentenciou.

 

 

 

 

 

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies