Skip to content

Tellado: “Será máis fácil para Junqueras conseguir un indulto político de Sánchez, que a Sánchez conseguir un indulto electoral dos españois”

Indica que as urxencias parlamentarias do Goberno central non se poden solucionar sacando de prisión a persoas encarceradas por xuíces

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, criticou os indultos aos presos independentistas que parece estar preparando o Goberno central, afirmando que “será moito máis fácil para Junqueras conseguir un indulto político de Pedro Sánchez, que a Pedro Sánchez conseguir un indulto electoral do conxuntos dos españois”.

 

Segundo indicou, non estamos ante un intento honesto de solucionar a complexa situación catalá senón ante o acordo que firmaron hai ano e medio para investir ao socialista presidente do Goberno, “un presidente que puxo en venta a nosa Constitución e os principios máis básicos da nosa democracia e que vendeu España e Galicia a cambio do poder”.

 

O número dous dos populares galegos cuestionou o xiro de Sánchez, que mudou radicalmente o seu discurso tralas Eleccións Xerais de 2019, cando necesitaba aos independentistas para gobernar. Deste modo, “os golpistas convertéronse en socios, os graves delitos en pequenos erros políticos e  aquela promesa de severidade nas penas nunha necesidade de reconciliación e de perdón”.

 

Como incidiu, o Goberno socialista cruzou todas as liñas vermellas indo en contra dos informes da Fiscalía e do Tribunal Supremo, pasando por riba da vontade da inmensa maioría dos españois e retorcendo a figura xurídica do indulto, que fala expresamente da necesidade de arrepentimento dos convictos cando, neste caso, non só non existe arrepentimento, senón que manifestaron unha clara vontade de reincidencia.  “Unha democracia consolidada, non pode permitirse que as urxencias parlamentarias do Goberno de Pedro Sánchez se solucionen sacando de prisión a persoas encarceradas por indicación dos xuíces”, engadiu.

 

POSICIONARSE NO PARLAMENTO

Tellado sinalou que os populares rexistraron esta semana unha Proposición Non de Lei no Parlamento, na que manifestan o seu rexeitamento aos “indultos políticos” que quere levar a cabo Sánchez e esixirán que o resto de partidos da Cámara galega tamén se posicionen.

 

Sobre isto, e a pesar de que asume a resposta destas formacións, cun PSdeG satélite de Ferraz e que non ten nin autonomía nin interese en representar a vontade dos galegos, e cun BNG radicalizado, que está copiando dos independentistas cataláns a folla de ruta da confrontación social; salientou que deben deixar claro, dunha vez por  todas, que é mais importante para eles: defender a vontade de Galicia ou manter na Moncloa a Pedro Sánchez.

 

CATALANIZAR GALICIA, O OBXECTIVO DO BNG

Durante a súa comparecencia en rolda de prensa, o secretario xeral tamén falou do encontro telemático que manterán Ana Pontón e Gabriel Rufián este domingo, precisamente cando toda España sairá a rúa para manifestarse contra os indultos. “O Bloque Independentista Galego xa non se corta en demostrar os seus vínculos co separatismo catalán, en deixar claro que son a sucursal de ERC e de Bildu en Galicia”, explicou.

 

Neste sentido, remarcou que, mentres que antes o referente intelectual do Bloque era Beiras, agora é Gabriel Rufián, ao que a dirixente nacionalista acude “en busca de consello e inspiración”. “Supoño que teñen moito en común, ambos levan moitos anos criticando as nosas institucións desde a cómoda moqueta do Congreso e dende a do Parlamento, viven moi ben grazas a un soldo público do Estado do que queren independizarse, e comparten esa dobre moral do nacionalismo sectario, máis preocupado polo seu futuro político que por defender os intereses dos seus territorios”, destacou.

 

“Nada detén ao BNG, que mantén a súa folla de ruta para catalanizar Galicia, para exportar o modelo do próces que tan bos resultados electorais lle deu aos independentistas pero tan desastroso foi para a convivencia e a economía de Cataluña”, dixo recordando que a división social e o enfrontamento son sempre a ferramenta dos nacionalistas para tratar de chegar ao poder.

 

Ademais, afeou como cada semana o Bloque se humilla no Parlamento defendendo o seu pacto con Sánchez só por manter os cargos nas deputacións e nos concellos nos que goberna co PSOE. “O BNG está disposto a calquera cousa para gañar poder e encontrou no independentismo catalán o modelo para logralo”, precisou aclarando que, pola contra, o PPdeG sempre defenderá a Constitución e o Estado das Autonomías, a convivencia pacífica e a lei e os lexítimos intereses de Galicia e de España.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies