Santiago, 11 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique saudou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta de investir máis de un millón de euros na rehabilitación do Conservatorio Superior de Música de Vigo, “unha obra que se engadirá aos máis de 24 millóns de euros que o Goberno de Feijóo ten investido en infraestruturas educativas desta cidade”.
No debate dunha proposición non de lei do BNG sobre a adecuación das instalacións do Conservatorio de Música de Vigo, Egerique salientou que o Goberno galego “xa ten encargado o proxecto técnico de rehabilitación deste edificio co obxectivo de iniciar as obras ao longo do presente 2021”.
“Esta actuación vén reforzar o compromiso do Goberno de Feijóo con Vigo, unha cidade na que xa se investiron máis de 24 millóns de euros en infraestruturas educativas”, apuntou.
En concreto, a deputada popular lembrou que nos orzamentos da Xunta para o presente ano figuran actuacións no CIFP Valentín Paz Andrade, no CIFP Manuel Antonio e no IES Santa Irene, así como a redacción do proxecto do novo IES de Vigo.