Skip to content

Feijóo asegura que hai que exportar a toda España o modelo de sentidiño e moderación de Galicia

28, setembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que nas Eleccións Xerais do vindeiro 10 de novembro hai que escoller entre dúas posibilidades: “Podemos contaminarnos do modelo fracasado da política nacional ou seguir exportando a toda España o modelo de sentidiño e moderación de Galicia”.

 

Segundo indicou, o PSOE fíxose co Goberno hai xa 16 meses e o seu balance resúmese en dúas palabras: “inacción e problemas”, sinalando que mentres a fórmula dos socialistas son “eleccións, eleccións e eleccións”, a do Partido Popular de Galicia baséase en traballar.

 

SÁNCHEZ EN CONTRA DA NOSA INDUSTRIA

Durante a súa intervención na Xunta Directiva que os populares galegos celebraron esta mañá, Feijóo amosou a enorme preocupación polas consecuencias que está a ter na nosa industria a parálise e o sectarismo do Goberno central xa que, logo de non dar solucións a Alcoa, da caída nas vendas no sector da automoción polo dieselazo, do retraso na carga de traballo en Navantia, da modificación pendente da Lei de costas que condiciona o futuro das conserveiras e de Ence, agora súmase o peche das centrais térmicas.

 

Como recordou, Galicia leva meses solicitando unha transición enerxética xusta e ordenada pero o que está levando a cabo o Executivo socialista é unha transición abrupta, tomando decisións sen pensar nas consecuencias que teñen para a nosa actividade económica e o emprego -o peche da central das Pontes supón a perda de traballo para 750 familias, que a comarca quede sen unha das súas principais fontes de emprego e que o Porto de Ferrol chegue a perder o 50 por cento dos deus tráficos-.

 

Tras precisar que Pedro Sánchez non fixo absolutamente nada polos galegos, engadiu que tampouco veña a pedir votos, xa que o que ten que facer é dar solución a todos os problemas que nos está xerando, sinalando tamén a débeda dos 700 millóns. “O PSOE coa Comunidade fai seu o refrán de a Galicia rogando pero co mazo dando”, dixo.

 

SOMOS O REFERENTE

Logo de lembrar a vitoria electoral de setembro de 2016, o líder do PPdeG mantivo que, ao igual que hai tres anos, na Comunidade segue habendo certezas ante o futuro, diálogo, unidade, consensos no esencial e un partido que busca o interese xeral. “En Galicia si gañaba e seguirá gañando o Partido Popular”, manifestou.

 

Pola contra, lamentou que todas as eivas da situación política de hai tres anos seguen estando presentes e mesmo acrecentadas pois, malia que España e os españois avanzamos moito neste tempo, a política estatal segue ancorada no bloqueo. Como destacou, agora hai máis inestabilidade, irresponsabilidade e egocentrismo que nunca antes, culpabilizando a Sánchez de ser o responsable das tres eleccións, as tres precampañas e as tres campañas de máis que tiveron que afrontar os cidadáns.

 

Así mesmo, alertou de que se o bipartito foi malo en Galicia, a alternativa que se vislumbra hoxe en España é aínda peor, cun goberno formado polo BNG, a delegación de Más Madrid, ou o Partido Socialista e Podemos.

 

Fronte a esta situación, Feijóo incidiu en que aquí si hai un Goberno que fai o seu traballo e por iso somos o espello ao que se debe mirar, sendo Galicia  a vangarda da política da xestión e unha Comunidade centrada, moderada, estable e tolerante.

 

UN GOBERNO QUE GOBERNA

O presidente aseverou que, aínda que hoxe pareza unha excepción no panorama nacional, en Galicia si temos un Goberno que goberna, admitindo que gobernar é traballar de forma segura, estable e planificada.

 

Neste sentido, insistiu en que hoxe en Galicia temos un futuro máis despexado que nunca, cunha Comunidade que crece, crea emprego, innova, exporta, desfruta dun maior benestar, ten unha mellor Educación Pública, cunha Sanidade Pública máis moderna que nunca, que recibe cada vez máis turistas e que está mellor estruturada e comunicada. Ademais, puxo en valor o bo xeito de xestionar que permitiu cumprir as regras fiscais, ser a Comunidade que máis rápido paga as facturas e a segunda cun maior esforzo investidor, e baixar impostos.

 

Igualmente, matizou que no último Debate sobre o Estado da Autonomía apreciouse un contraste claro entre as catro oposicións, centradas en criticar o pasado e negar os logros do presente, e o Goberno de Galicia, que presentou unha folla de traballo para os próximos 12 anos.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies