Skip to content

Feijóo asegura que o voto ao Partido Popular “mereceu a pena” e foi “útil” para Galicia na última década

1, marzo, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o voto ao Partido Popular “mereceu a pena” e foi “útil” para a nosa Comunidade na última década. Así se expresaba no acto de conmemoración da súa primeira vitoria electoral hai dez anos, unha data na que “os galegos decidiron abrir unha nova etapa en Galicia”.

 

“Votáronnos para facer e fixemos”, dixo ao tempo que matizaba que a Galicia que en 2019 mira con máis confianza ao futuro é froito dos galegos e que “o que fixo este partido durante todo este tempo é estar sempre ao seu carón”. Así, os cidadáns uniron as súas forzas para superar a peor das crises e tampouco as dispersaron nas urnas, uníndoas de maneira útil no PPdeG.

 

Nese senso, insistiu en que foi e é un voto útil para a estabilidade, cun Goberno que goberna e que só se debe aos seus cidadáns,que é previsible eque aproba uns orzamentos en tempo e forma; para a responsabilidade, cun Executivo que gasta menos en si mesmo e todo o posible nos cidadáns, que tapa os buratos herdados, que cada exercicio responde ante as súas obrigas, que é o que menos se endebedou durante dez anos, que paga aos seus provedores e que sempre cumpre; e para a xestión, para facer máis con menos e para que os servizos públicos cheguen a máis cidadáns e con maior eficacia.

 

Igualmente, precisou que a confianza dos galegos no PP resultou útil para pagar menos impostos grazas á maior baixada fiscal da nosa historia, facendo posible queun 99% non pague polo imposto de sucesións e doazóns, para que o 98,5% pague menos IRPF e para que non se paguen impostos no rural.

 

Ademais, reivindicou que isto foi beneficioso para Galicia e para España, xa que “aquí non perdemos nin un segundo nas pretensións de quen quere que elixamos entre Galicia e España, somos de menos nacionalismo e populismoe de máis traballar”.

 

MÁIS GALICIA, ESPAÑA E EUROPA

“Galicia é hoxe máis Europa, máis España e máis Galicia”, manifestou o presidente, mentres recordaba que a Comunidade demostrou capacidade para investir con responsabilidade os fondos europeos, soubo negociar en materias como a pesca, o Corredor Atlántico, a PAC ou o tax lease e estreitou lazos a través da eurorrexión ou creando a macrorrexión. Así mesmo, contribuímos á unidade de España porque Galicia mirou máis aló de partidos para aliarse con outras rexións, defendeu con palabras e feitos a Constitución, e demostrou que hai un Estado das Autonomías que é útil, leal e responsable.

 

Ademais, recoñeceu que en Galicia cumprimos coas nosas obrigas para poder ser máis libressendo, nos peores momentos, a única Comunidade que mantivo plenamente o seu autogoberno constitucional. “Uns preferiron axitar bandeiras, nós preferimos pagar facturas”, resaltou.

 

De feito, puxo en valor que agora hai máis servizos, máis prestacións e máis oportunidades para os galegos:temos un dos mellores sistemas sanitarios públicos de España, Galicia é máis social e máis inclusiva que nunca, é onde máis se apoia ás nais e os pais, é a máis xusta cos maiores e as persoas con discapacidade, contamos co sistema educativo máis inclusivo e máis equitativo de España, coa Universidade pública máis accesible do país e cunha FP máis reforzada e prestixiada para unha nova xeración que se está a formar na igualdade,sen esquecer que a Comunidade está mellor comunicada,máis ordenadaterritorialmente e respéctase máis a si mesma.

 

Durante a súa intervención, Feijóo tamén aclarou que temos un Goberno e un partido orgulloso de Galicia, a Xunta e o PP, e que, con ese sentimento, tratan que a nosa cultura chegue máis lonxe, abrindo as nosas portas para recibir cada ano máis visitantes, mostrando ao mundo o que somos capaces de facer e de ofrecer porque este é un lugar onde merece a pena investir. “Galicia é progreso, innovación, e calidade”, indicou antes de recordar que batemos records de exportacións, apoiamos aos autónomos, logramos que rexurdiran sectores como o naval ou a automoción e que xurdiran outros emerxentes como a eólica mariña ou o aeroespacial, ademais de recobrarse a importancia do noso sector primario.

 

GOBERNAR PARA TODOS

Por outra banda, o presidentedefendeu que acadar as tres maiorías absolutas consecutivas non sería posible sen os máis de 700.000 galegos que os votaron ao PP. Nesta liña, precisou que os populares foron útiles para eles e para miles de galegos máis: parao 99% que tiveron unha baixada nos seus impostos autonómicos, para os case dous millóns que teñen xa ao seu carón un hospital público ou un centro de saúde novo ou renovado, para os máis de 60.000 dependentes que agora son atendidos, para as 40.000 familias que reciben unha Tarxeta Benvida, paraos 25.000 rapaces que agora teñen unha praza pública de gardería e para os 14.000 fogares aos que se lles axudou a manterse con electricidade no inverno.

 

Pero, segundo afirmou, os populares gobernan para todos os galegos, tamén para os que non votan ao PP, sinalando que a garantía dun goberno para todos é unha maioría como a que logrou o seu partido. “Sempre buscamos a maioría máis ampla porque ningún concello, nin Galicia, nin España pode ser refén de ningún partido e, moito menos, de ningunha minoría que quere impoñerse”, subliñou mentres recalcaba que “a Galicia da estabilidade e da recuperación é a dunha maioría de galegos que se xuntaron nas urnas cun voto útil e, sobre todo, a dunha maioría de galegos, aínda máis ampla”.

 

SEN CONFORMARSE NUNCA

“Se o obxectivo da política édeixar aos que nos han de suceder un lugar mellor que o que herdamos, acadámolo, pero non nos conformamos”, aseverou o presidente explicando que a Comunidade é un pobo esixente e inconformista e “nós somos o partido que máis se parece a Galicia”.Neste sentido, salientou que seguirán traballando porquea nosa rexiónprecisa da estabilidade que non hai no resto de España, ten que seguir crecendo e creando emprego, precisa dun goberno que una, porque hai que continuar buscando o benestar das familias e o progreso do país. “Seguimos e seguiremos garantindo que o voto útil para Galicia é o voto ao Partido Popular”, insistiu.

 

Tras recoñecer que non hai maior honra que servir á nosa Comunidade e que sempre merece a pena, concluíu que“non son autor de nada, pretendo ser servidor público de todos”, manifestando que “Galicia é unha obra colectiva e un enorme mérito das galegas e os galegos”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies