Skip to content

Feijóo sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no PP

12, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no Partido Popular.  

Así, indicou que se pode gañar nos 313 concellos galegos se todos os que prefiren que os candidatos do PPdeG sexan alcaldes -e non os do PSOE, Podemos e BNG- se xuntan nas urnas e votan directamente ao PP. E é que, tal e como apuntou o líder do PPdeG, a división nas urnas só traerá o mesmo resultado que o pasado 28 de abril e moitos veciños terán así ao alcalde que non queren, como agora millóns de españois teñen ao presidente do Goberno que non querían.

 

Por iso, en lugar de votar diferentes partidos e restar concelleiros e posibilidades, Feijóo pediu a unión no Partido Popular para poder ter alcaldes e alcaldesas cos que nos identifiquemos, nos representen máis e xestionen mellor os concellos. “Divididos, perdemos e perderemos; pero unindo o voto no PP, gañamos e gañaremos”, continuou, referíndose á experiencia de hai catro anos e das recentes eleccións xerais, así como aos prognósticos das enquisas.

 

Do mesmo xeito que na nosa comunidade nin Ciudadanos, nas Autonómicas de 2016, nin VOX, o pasado 28 de abril, obtiveron escanos, Feijóo remarcou que non haberá en Galicia alcaldes nin alcaldesas destas formacións: “Mentres a división beneficia só aos que queren vencer dividíndonos, a unión beneficia a todos os galegos que queren alcaldes que se deban aos seus veciños e non aos pactos nos despachos”.

 

Do mesmo xeito que pediu o voto para os candidatos dos PP nas Municipais, tamén o pediu para o partido nas Eleccións Europeas, para que así os intereses dos concellos, de Galicia e de España estean mellor representados e máis defendidos.

 

TUI, DECISIVA PARA UN CAMBIO NA DEPUTACIÓN

“Un político dialogante, traballador, comprometido e que coñece ben as entrañas do concello”, así definiu Feijóo a José Ángel Fernández, o candidato do PP á Alcaldía de Tui. Dixo que, xunto a un equipo renovado, unido e con ilusión, estará á altura dos desafíos do municipio; e que conta, ademais, cun proxecto para executar nos vindeiros catro anos.

 

Así mesmo, salientou que o voto dos tudenses é decisivo para darlle un novo rumbo á Deputación de Pontevedra e lograr o cambio nesta provincia, para que o autoritarismo e os malos modos deixen paso á educación, ao diálogo e a unha administración para todos. Feijóo, que recordou ás vítimas da traxedia de Paramos, subliñou que o Goberno galego segue estando á disposición das familias.

 

UN VOTO AMPLO, RESPONSABLE E UNIDO EN TORNO A ÁNGEL RODAL

Anteriormente, en Baiona, o líder do PPdeG destacou que a única barreira contra un goberno de socialistas con nacionalistas e con toda a constelación de mareas é un voto amplo, responsable e unido en torno a Ángel Rodal e ao PPdeG, que ofrecen o que de verdade necesita este concello: estabilidade política, experiencia de xestión e un proxecto claro de cara á vindeira década.

 

Neste senso, asegurou que, fronte aos demais partidos que tan só falarán nesta campaña de discrepancias e de asuntos do pasado, o PP estará centrado na responsabilidade, no crecemento económico e no benestar.

 

MARÍA RAMALLO, A MELLOR OPCIÓN PARA MARÍN

Máis tarde, durante un mitin en Marín, o líder do PPdeG incidiu en que o mellor aval de presentación de María Ramallo son os seus feitos. Neste punto, referiuse a proxectos que reclamou ao Goberno galego e que hoxe son unha realidade, como: o novo centro de saúde, os avances para sanear a ría, a nova gardería pública, a nova unidade para os enfermos de Alzheimer ou a mellora das instalacións da residencia.

 

Así mesmo, recalcou que, fronte a unha persoa como María Ramallo que está a favor do emprego e que resolve os problemas dos seus veciños, hai un partido socialista que os crea e que non ofrece ningunha alternativa ás familias que viven de ENCE nesta comarca e ás 80.000 familias que perderán ingresos en toda Galicia.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies